Concerto Mahou Cinco Estrellas. Eladio y los Seres Queridos

Sábado 27 | 20h30 | Espazo Mahou na Leira de Alicia | Entrada libre ata completar aforo.

A banda viguesa tocará ante o público de Cans as cancións do seu último traballo, “Cantares”, recoñecido nos últimos premios MIN da Música Independente 2017 como o mellor álbum en galego do ano, pero tamén rescatará unha parte importante dos seus temas de sempre e, como non, ofrecerá unha exclusiva actuación do tema oficial desta edición do Festival, “Se ti vés comigo a Cans”. O artista avanzou que prepara sorpresas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

three − three =