Dorian Yates

Dirección: Luis Solarat

Produción: London Real

Xénero: documental

Sinopse: Dorian Yates é un ídolo popular para os británicos. Varias veces campión do mundo de culturismo e un culturista mundialmente célebre. Un día, unha lesión afástao da súa carreira e tivo que reconstruír a súa propia identidade. Agora vive en Marbella explotando a nova dimensión da súa espiritualidade.

Estado: Filme rematado

O detalle: É a primeira longa de Luis Solarat, cineasta da Rúa residente en Londres e forxado no concurso de curtas en Cans. Solarat ten un proxecto para percorrer o mundo buscando personaxes que, co seu discurso, poden axudar a mellorar a vida doutras persoas. Pero, como escolle os personaxes? Quen financia e está detrás dos seus filmes? A todo isto responderá en “Fillos de Cans”. Moi interesante.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

2 × 2 =