Dj Shy Boy

Sábado 21 | 18h00 e 22h30 | Espazo Mahou

web_djshyboy

Dj Shy Boy é Alfonso Espiño, cantante de Los Chavales e experto da música ye-yé feita en Galicia. A súa discoteca está plagada de tesouros inéditos realizados dende finais dos 50 ata mediados dos 70. Moitos deles vainos pinchar e contar no DiscoChimpín de Cans, porque hai unha música galega con historias que precisan ser compartidas. Intercalará discos de Manolo Mirás, Frol Nova, Bibiano ou NHU con gravacións inéditas de conxuntos coma Johnny y Ricardo, Teddy Rock, The Music Stars ou Linces Pop. Pura antropoloxía musical!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

two × three =