DIE HÖHLE (A COVA) | 2018 | 13’ | alemán con subtítulos en galego

Dirección e fotografía: Xabier Rúa.

Guión: Xabier Rúa, Xose Dopazo.

Produción e música: Xose Dopazo.

Montaxe: Juan Barreda, Xose Dopazo.

Son: Michael Müller.

Elenco: Marcus Günnewig, Wladimir Priel, Andra de Wit.

Vai de: Tres mozos excursionistas quedan atrapados no interior dunha cova. A situación é grave xa que se atopan sen víveres que levar á boca e fai frío. Unha mañá, un deles nota ao espertar que unha das súas pernas está conxelada. Os seus compañeiros tratan de tranquilizalo e salvar a perna mentres agardan polo rescate.

Xénero: Suspense.

O detalle: O director compostelano Xabier Rúa reside en Alemaña, onde rodou esta curta que se estrea en Cans que supón o seu debut na dirección e adapta un argumento do polifacético artista Roland Topor, membro do Grupo Pánico e autor de O inquilino, levada ao cine por Roman Polanski.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

twenty − 7 =