Dalle caña: encontro con curtametraxistas

Sábado 27 | 16h30 | Espazo Mahou na Leira de Alicia

Os autores das curtametraxes da sección oficial a concurso manterán un encontro nun formato informal, ao redor dunhas cañas, no que presentarán as súas producións e debaterán sobre o xénero da curtametraxe, sobre a situación en Galicia dos novos creadores e moitas cousas máis. Isto sucederá na tarde do sábado 27 de maio e estarán a disposición do público para intercambiar opinións tomando unha caña de Mahou tranquilamente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

2 × two =