Curtas de animación producidas por Chelo Loureiro

Sábado 26 | 20h30 | Cuberto de Antonio

Coa presenza de Chelo Loureiro

Unha parte fundamental dos traballos producidos por Chelo Loureiro, a nosa homenaxeada co Premio Pedigree este ano, son curtametraxes de animación que foron aclamadas e premiadas pola súa calidade. Contaremos coa súa presenza para presentar un programa de tres delas.

A FLOR MÁIS GRANDE DO MUNDO

Dirección: Juan Pablo Etcheverry.

Guión: Juan Pablo Etcheverry, baseado nun conto de José Saramago.

Produción: Pancho Casal, Laura Fernández Espeso, Chelo Loureiro.

Montaxe: Juan Pablo Etcheberry.

Música: Emilio Aragón.

Elenco: José Saramago.

Vai de: Un escritor que non se sinte capaz de escribir unha historia infantil comeza a relatar como sería esta historia que quere contar: unha tarde de verán, un neno de sete anos decide explorar o fascinante mundo existente a cinco minutos da súa casa.

Xénero: Conto.

O detalle: O propio José Saramago é o narrador nesta adaptación do único conto para nenos e nenas que escribiu, e que estivo nominada a un Goya.

 

O SOLDADIÑO DE CHUMBO

Dirección: Tomás Conde, Virginia Curiá.

Guión: Tomás Conde e Virginia Curiá, baseado nun conto de H.C. Andersen.

Produción: Pancho Casal, Chelo Loureiro, Ana Fernández.

Música: Emilio Aragón.

Son: Cinemar Films.

Elenco: Manuel Manquiña, Luís Piedrahita.

Vai de: Nun crisol, un artesán funde chumbo para construír unhas figuriñas. O metal non é dabondo para todos os moldes e a última figuriña queda sen unha perna. Anos máis tarde un paquete chega a un museo de xoguetes…

Xénero: Conto.

O detalle: Esta curta foi rodada no Museo do Xoguete de Allariz.

 

O XIGANTE

Dirección: Julio Vanzeler, Luis da Matta Almeida.

Guión: Nélia Cruz.

Produción: Chelo Loureiro.

Montaxe: Pedro Lino.

Música: Nani García.

Son: Nani García.

Vai de: Un xigante leva unha nena no seu corazón. O seu corazón é como unha gran fiestra dende onde a nena descobre e entende o mundo no que vivimos… Un día, ella terá que marchar. Coa súa maleta chea de soños e esperanzas comezará a crear un novo mundo coa herdanza dos seus pais. Isto é medrar!

Xénero: Conto.

O detalle: Esta curtametraxe conquistou o público de máis de 50 festivais de todo o mundo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

18 − ten =