Contra o lume

Sábado 26 | 10h30 | Jalpón de Alicia

Proxección + actuación de Tino Baz
Duración total da sesión: 61 minutos.

O Festival de Cans quere poñer nesta edición o foco na catástrofe dos lumes que ano tras ano se repite en Galicia. O desastre ambiental que vivimos cos incendios en outubro de 2017 non debe ser un suceso para dar titulares só durante uns días. Cans pretende provocar unha reflexión crítica permanente sobre o futuro dos nosos montes e do noso territorio.

Esta desfeita ambiental xenerou a reflexión de moitas creadoras e creadores, que se expresaron a través das súas obras audiovisuais. Desde documentais a videoclips pasando por curtametraxes de ficción, algunhas destas obras están cargadas de emoción, transmiten rabia e desolación, mais ás veces tamén algo de esperanza. Contaremos coa presenza das realizadoras e realizadores, do cantautor Tino Baz e de Xosé Manuel Rodríguez, alcalde de As Neves, concello onde o lume arrasou o 60% da súa superficie.

 

AS NEVES, ZONA 0

2017 | 21’ | galego

Dirección: Adrián González.

Produción: Diaño Films.

Vai de: Un percorrido desolador por un Concello arrasado polo lume, coa terra índa fumegando e as brasas no chan. Vivendas devoradas polo lume, negocios arrasados e persoas devastadas, co esforzo dunha vida enteira reducido a un puñado de cinzas.

Xénero: Documental.

O detalle: O realizador Adrián González, natural de As Neves, plasma neste traballo a emoción das súas veciñas e veciños.


EL ÚLTIMO ADIOS

2018 | 5’ | español

Dirección: Rubén Cruz.

Producido por: Con2studios.

Elenco: Lara Vázquez e Rubén Cruz.

Vai de: Este Nadal non é un Nadal calquera. Daquela é preciso tamén ter unha árbore de Nadal especial, que nos traia emocións diferentes.

O detalle: Parte da curta foi rodada en paisaxes arrasadas polos incendios.

“PRIMAVERA NEGRA” (LINDA GUILALA)

2018 | 4′ | español

Dirección: Sara Chuerches

Vai de: Último videoclip da banda viguesa Linda Guilala, rodado nunha grande parte sobre as paisaxes case apocalípticas de montes arrasados polo lume.

O detalle: A obra está tamén en competición na sección de videoclips.

EUCALYPTUS

2018 | 25’ | español

Dirección: Elena Flores e Miguel Souto.

Vai de: Xusto un mes antes da catástrofe ambiental de Outubro de 2017, os directores comezaron a gravar este documental sobre os efectos do eucalipto e as súas consecuencias no territorio, a través de testemuñas e especialistas. As conclusións son demoledoras.

O detalle: Os responsables de Ence e da Xunta negáronse a participar neste documental.

“E VEU O LUME” (TINO BAZ e CANTARES DO BRUEIRO)

2017 | 6′ | galego

Produción: Ángel Baz e Miguel de la Peña

Dirección musical: Tino Baz

Música e letra: Paco Represas

Producido por: Arraz

Coa participación de: Xosé Lois Vilar

Vai de: Videoclip cunha parte de documental, rodado cerca de Chandebrito, outra das zonas arrasadas polos lumes en outubro de 2017. Coa colaboración do Instituto de Estudios Miñoranos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

fourteen + 12 =