Compostela ye-yé

Sábado 21 | 17h30 | Jalpón de Alicia

web_yeye

Alfonso Espiño é un fabuloso arqueólogo musical. Durante anos leva investigando o inabarcable legado da música yeyé en Compostela, un lugar de encontro arredor dos estudantes que chegaban á universidade nos sesenta e nos setenta. Por vez primeira mostra publicamente este legado, que será publicado na súa tese de doutoramento.

Presentará en Cans unha escolla de catro películas inéditas recuperadas por el, rodadas naquela época de xeito caseiro polos compoñentes dos propios conxuntos ou polos seus achegados, que manexaban cámaras de 8 milímetros ou Super-8. Amosan actuacións e escenificacións dos propios grupos. Ao adoecer de son estes filmes, Espiño fará un comentario oral explicativo de cada un deles, simultáneo á proxección.

Alfonso Espiño (Santiago de Compostela, 1976) é músico, filólogo e investigador. Comeza a súa andaina artística a principios da década dos noventa como baixista e cantante do grupo Contrastes, de pronunciada influencia Beatle. Posteriormente militou nas filas de Mega Purple Sex Toy Kit, un combo hard-siquedélico. No 2009 forma Os Chavales, conxunto músico-vocal de ascendencia yeyé hispana cos que comeza a interesarse pola orixe do pop na súa cidade natal. Tras case cinco anos de investigación, está a piques de defender a súa tese, na que mostrará os seus achados no campo.

Proxección 1

Los Spiders en 1964. Un día con Los Spiders
Antonio Facal, 1965. 5’ 22’’
B/N. Muda
8 mm

Proxección 2

Los Linces
Chema Ríos, 1969. 4’ 04’’
Cor
Súper 8

Proxección 3

Héter
Cámara, dirección, produción e realización: Nicolás Soto.
Axudante de dirección, axudante de cámara e escenografía: Marcial Soto.
Héter Films, 1975. 8’ 15’’
Súper 8 convertido a VHS

Proxección 4

F.S.O. 911, un gran conjunto
Dirección e realización: Nicolás Soto.
Héter Films, 1975. 9’ 23’’
Súper 8 convertido a VHS

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

7 − 3 =