Coloquio na Leira

Con Emma Lustres e Dani de la Torre

Sábado 21 | 12h00 | Leira de Alicia-Espazo Mahou

emma_dani

Lustres e De la Torre son produtora e director dunha das películas de maior éxito de 2015: El desconocido. Estreada a finais de setembro, superou o medio millón de espectadores en salas de cine e acadou oito nominacións aos Goya, logrando dous: mellor montaxe e mellor son. Para Emma Lustres supuxo un novo fito na traxectoria de Vaca Films, como antes ocorrera con filmes como Celda 211, Invasor ou El niño. A Dani de la Torre serviulle para poñer o seu nome na primeira liña no seu debut na dirección de longametraxes, logo de anos entregando curtas de gran calidade como Bos días, Lobos e Minas. Agora o cineasta monfortino traballa xa no guión da súa seguinte película, que de novo producirá Lustres. Unha e outro teñen moito que dicir para explicar como se pode facer desde Galicia cine de acción que logre o recoñecemento de público e crítica.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

three × three =