Coloquio na Leira con Montxo Armendáriz

Sábado 27 | 12h00 | Espazo Mahou na Leira de Alicia

Juan Ramón Armendáriz Barrios (Navarra, 1949), máis coñecicdo como Montxo Armendáriz, é un director de cine e guionista español. Foi galardoado en dúas ocasións co premio Goya e estivo nomeado nunha ocasón aos premios Oscar na categoría “mellor filme extranxeiro” por Secretos del corazón.

Guionista e produtor da maioría dos seus traballos, Armendáriz debutou como director de longametraxes en 1984 co drama Tasio, filme co que gañou o Fotogramas de Prata á Mellor Película. Tras varios traballos, a súa gran oportunidade chegou ao optar ao premio Oscar por Secretos del corazón, un drama baseado en dous nenos que visitan unha vella casa ás aforas dunha pequena aldea de España. Dende este momento, Armendáriz comezou a ser coñecido internacionalmente.

No 2001 estreou Silencio roto, un drama protagonizado por Lucía Jiménez e Juan Diego Botto en compañía de Mercedes Sampietro e Álvaro de Luna. Foi un éxito en taquilla ao conseguir recadar máis dun millón de euros. Catro anos despois estreou Obaba, un filme baseado na la novela ‘Obabakoak’ de Bernardo Atxaga. Esta longametraxe amosa un plano máis maduro de Armendáriz cun guión sólido e un gran número de actores e actrices coñecidos: Pilar López de Ayala, Juan Diego Botto… Finalmente e tras un lustro, Armendáriz volveu estrear outro filme, nesta ocasión No tengas miedo (2011), unha historia sobre as secuelas dos abusos sexuais na infancia. Michelle Jenner dá vida á protagonista e xunto a ela figura no reparto a parella formada por Belén Rueda e Lluis Homar.
 
Todas estas cousas e moitísimas máis son as que contará na Leira de Alicia, que se vestirá de gala no día grande do Festival para escoitar a este prestixioso cineasta.
 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

18 − thirteen =