Clipmanía: estrea mundial de novo clip de Terbutalina + retrospectiva de videoclips de Eladio y los Seres Queridos.

Sábado 27 | 18h30 | Jalpón de Alicia

Estrea Mundial de “Ninguén che quere”, novo clip de Terbutalina.

Coa presenza dos membros de Terbutalina e do director Gero Costas.

Hai anos, Terbutalina foi unha das primeiras bandas que pasaron por Can Campus, a actividade que o Festival de Cans fixo coa Universidade de Vigo para promocionar as novas bandas que aínda non tiñan nin clip. Agora volven a Cans, convertidos en rock- stars, para tocar no Torreiro e ofrecernos en exclusiva mundial o videoclip do seu tema “Ninguén che quere”, avance do que será o seu novo disco “Sonido Esteiro”.

Retrospectiva videoclips Eladio y Los Seres Queridos.

Coa presenza de Eladio Santos e do realizador Alberto Baamonde.

Ademais de ser unha banda creadora de magníficas cancións pop, Eladio y los Seres Queridos sempre foi unha formación moi preocupada polas imaxes que xeraban as súas cancións e polos videoclips que as acompañaban. A maioría dos seus clips levan a pegada de artesáns audiovisuais como Manuel Portolés ou dun creador con moito oficio para fabricar fermosas imaxes desde a música como é Alberto Baamonde. Aproveitando a súa presenza en Cans no Espazo Mahou,  adicamos unha retrospectiva a esta banda a través dunha selección de videoclips nos que é preciso pararse a degustar as imaxes con calma.

  • “Espanha a las 8” (3 min.) Ano 2008. Dirección: Alberto Baamonde e Piño Prego.
  • “El tiempo futuro” (4 min.) Ano 2011. Dirección: Alberto Baamonde.
  • “Con el corazón en la mano” (4 min.) Ano 2012. Dirección: Alberto Baamonde e Óscar Pardo.
  • “Seremos Santos Inocentes” (4 min.) Ano 2014. Dirección: Manuel Portolés.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

17 − eleven =