Chimpín de Prata ‘Premio Pepe Puime’: Chelo Casalmorto e Constante Romero

Chelo Casalmorto e Constante Romero son dúas persoas volcadas co festival desde a primeira edición, tanto eles dous como toda a súa familia. Desde a primeira edición, Constante é un chimpineiro habitual do festival, ademais de ser o encargado de darlle forma desinteresadamente aos cans pequenos amarelos de madeira do festival que locen en moitos balcóns, cos seus coñecementos de carpintería, que cedía para o Festival e a moitas veciñas e veciños.

Constante e Chelo ceden cada ano tamén o Cuberto de Chelo, un dos cubertos emblemáticos do festival, e ademais organizan na súa propiedade, con outros veciños, o muro da Costa Azul, cunha pequena exposición que eles mesmos recompilaron ao longo de toda a historia do Festival.

 

Por esta enorme e desinteresada xenerosidade co festival, a asemblea da Asociación Cultural Arela decidiu otorgarlles nesta edición un dos seus máximos galardóns, o Chimpín de Prata, ao mesmo tempo que os seus nomes pasarán a formar parte desde este ano do muro dos chimpíns, co resto de veciñas e veciños homenaxeados ao longo das 15 edicións de festival.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

seven + 11 =