CHIMPÍN DE PRATA – PREMIO “PEPE PUIME”: PAZ ACUÑA E RAFA GONZÁLEZ

 

Paz Acuña e Rafa González. Como en cada edición o festival recoñece o traballo das veciñas e veciños da aldea de Cans. Paz e Rafa forman unha parella que se converteu case desde os inicios do certame nuns anfitrións imprescindibles durante a celebración do Festival. A súa casa no barrio do Castillo é moito máis que o lugar onde arranca o sábado, Día Grande do festival, a procesión de chimpibuses. Paz e Rafa deixan a súa cociña, os seus baños e o seu xardín para organizar e facer a comida que acolle a todas as convidadas e convidados do festival.

Ademais, ao longo dos anos, foron transformado o baixo da súa casa nunha sorte museo recompilando fotografías e recortes de revistas e xornais a través dos cales se pode seguir e recapitular a historia cinéfila do festival. Neste espazo pódense ver xoias como a imaxe de Luis Tosar na nosa primeira edición, un retrato de Javier Krahe nun chimpín ou o rexistro da primeira visita de Javier Gutiérrez a Cans.

Pola súa labor e xenerosidade a asemblea da Asociación Cultural Arela premia co Chimpín de Prata a Paz Acuña e Rafa González. Como recoñecemento os seus nomes pasarán a formar parte do muro dos chimpíns xunto co resto de veciñas e veciñas homenaxeados ao longo da traxectoria do festival.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

ten − eight =