CHIMPÍN DE PRATA – PREMIO “PEPE PUIME”: NIEVES RODRÍGUEZ

 

Nieves Rodríguez. Esta actriz, nada en San Sebastián pero criada en Tui, é unha entusiasta do Festival de Cans, ao que acode ano tras ano. Coñecida primeiro polas súas aparicións como presentadora de televisión en programas como Luar ou Desde Galicia para el mundo, Nieves Rodríguez ten tamén unha prolífica carreira como actriz en series como Rías Baixas, Pazo de familia ou a actual Serramoura. Desde 2017 ata o pasado mes de febreiro foi a presidenta da Asociación de Actrices e Actores de Galicia, entidade dende a que apoiou e participou numerosos coloquios no marco do festival. Por toda esta implicación co festival, a organización decidiu premiala este ano co “Chimpín de prata – Premio Pepe Puime”, distinción que se lle outorga ás persoas polo seu compromiso con Cans.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

four × 4 =