Chimpín de Prata ‘Premio Pepe Puime’: Isabel Blanco

Isabel Blanco (Berna, Suíza, 1974) é ben coñecida por todos os seguidores do audiovisual galego, (Mareas Vivas, Un franco, 14 pesetas, etc.), e unha teimuda defensora do Festival de Cans desde as súas primeiras edicións. Cans quere premiar a predisposición absoluta que sempre tivo a colaborar co festival, especialmente nas tres últimas edicións, onde como delegada en Galicia de AISGE, o seu apoio resultou determinante para o futuro do Festival xusto cando atravesaba un dos momentos máis delicados da súa historia. Por todo este compromiso co festival, a organización decidiu premiala este ano co “Chimpín de prata – Premio Pepe Puime”, galardón que se outorga ás persoas que traballan no impulso e fomento do Festival de Cans.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

2 × one =