Chimpíns de Prata ‘Premio Pepe Puime’

cid
Chelo Fortes e Manolo Cid son os donos da “Casa do Cid”, que presta apoio loxístico durante os días do evento para que alí poidan xantar os convidados do festival e ten feito en sucesivas edicións de cociña, sala de prensa, almacén ou lugar de reunión do xurado. Chelo e Manolo ofrecen xenerosamente a súa adega, a súa finca e a súa cociña para uso da organización alén dos propios días do certame. A súa é unha casa sempre de portas abertas, na que nunca falta un refrixerio para calquera que traballe no festival. A súa localización, á beira do Can de Pedra, convérteos tamén nos gardiáns do noso emblema ao longo do ano, cando moita xente pasa pola parroquia para facerse fotos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

five × 5 =