CHARKPEN (ESPERANZA) | 2017 | 14’ | español

Dirección e fotografía: Paulino Cadórniga.

Produción: Jesús A. Corrales Labrada, Paulino Cadórniga, Ana Belén Fernández, Némesis Audiovisual.

Montaxe: Paulino Cadórniga, Ana Belén Fernández.

Música: Alexandro González.

Elenco: Naa Elesken Selk’nam, Jonathan Heredia.

Vai de: Corrupción, guerras, terrorismo, maltrato ao medio ambiente, caos. Esta é a realidade no “primeiro mundo”. Ao outro lado, os pobos indíxenas e a figura mítica dos gauchos vivindo en contacto coa natureza, loitando por manter as súas linguas, costumes e forma de vida.

Xénero: Documental.

O detalle: Rodado entre Arxentina e Chile co mínimo de material e espírito fotográfico, Charkpen pretende simbolizar, a través de imaxes suxerentes de cidades e paisaxes, a viaxe dende o “caos” actual á vella-nova forma de vida das e dos indíxenas Selk’nam.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

20 − eighteen =