CASAMANCE: LA BANDA SONORA DE UN VIAJE | 2016 | 92’ | español, francés, wolof

Dirección, guión e montaxe: Paloma Zapata.

Produción: Jordi Canora, Estefanía Ten.

Fotografía: Iñaki Gorraiz.

Son: Roger Orcau, Ramón Rico, Pablo Gregorio.

Música: Depedro, Dieuf-Dieul de Thies.

Elenco: Jairo Zavala “Depedro”, Ángel Carmona, Adamantios Kafetzis.

Vai de: “Non importa de onde son, importa cara a onde vou”, di Jairo Zavala (Depedro) cando lle preguntan polas súas orixes. Durante unha entrevista con Ángel Carmona xorde a idea de buscar a música que Jairo escoitaba na súa infancia. A viaxe a Senegal que segue está chea de música e ritmo: un percorrido cara o latido do mundo, o lugar onde se orixinaron o soul, a rumba e o rock. A procura da música do lendario “griot” (trobador) Lamine Konté leva a Depedro de Dakar a Casamance e, polo camiño, acaba compartindo actuacións ou jam sessions espontáneas.

Xénero: Documental musical.

O detalle: A de Cans é a primeira proxección nun festival galego deste filme que foi seleccionado xa en certames internacionais como o Visions du Réel CIFFR de Rotterdam, o festival de Guangzhou (China) e moitos outros especializados no documental musical, como o Docurock (Tenerife), o BMVF de Bogotá ou o MUVI de Lisboa.

Venres 25 | 18h30 | Baixo de Bugarín

Entradas esgotadas

Coa presenza da directora Paloma Zapata e o protagonista, Jairo Zavala “Depedro”, que actuará esa mesma noite no espazo Mahou da Leira de Alicia

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

four × three =