CANZINE 2019

Xa está na rúa o CanZine máis internacional do Festival de Cans!

Dende hoxe xa se pode ler o CanZine, o noso xornal oficial de Cans 2019! Nel atoparedes entrevistas aos premiados desta edición: Carlos Blanco, Nieves Rodríguez, Pilar Comesaña e aos vecinos Paz Acuña e Rafa González. Tamén contamos con entrevistas aos directores Juanjo Giménez (membro do xurado de ficción e animación) e Rodrigo Sorogoyen, protagonista do Coloquio na Leira desta 16 edición do certamen. Encontraremos ademais unha reportaxe sobre os filmes do director alemán Hannes Stöhr, a quen se lle dedica a primeira retrospectiva internacional da historia do Festival de Cans. Na parte de música encontraredes unha conversa con Wyoming e artigos sobre Marlango, The Legendary Tigerman, Su Garrido e Dakidarría. Tamén textos amplos sobre novas seccións como Ultravioleta, o Jalpón dos Oscar e LendoCine, entre outras actividades!