Canstelao en Chimpín

Sabado 21 | Todo o día | En todo Cans

O Festival de Cans súmase ao Ano Castelao con diferentes actividades espalladas de forma transversal en todo o programa para celebrar as tres efemérides que reúne o 2016 relacionadas co polifacético autor, artista e intelectual: o centenario da súa chegada á cidade de Pontevedra, o 75 aniversario da estrea da súa obra de teatro Os vellos non deben de namorarse e o Día das Artes Galegas, que este ano se dedica a este autor.

  • Realizarase un pase especial da copia recuperada de Miss Ledyia, primeira ficción galega na que intervén Castelao como actor, con música de theremin en directo composta para a ocasión por Paulo Nimoy. Promete ser unha das sesións máis especiais desta edición!
  • Proxectarase unha viñeta de Castelao ao comezo de cada sesión e o noso debuxante do Voulevar desta edición, Siro López, dedícalle unha das viñetas que realizou para o Festival. Todo isto para lembrar a súa faceta como debuxante e humorista gráfico.
  • A Banda de Música de Rubiós interpretará na sesión vermú do sábado a canción “Lela”, que escribiu Castelao precisamente para a estrea de Os vellos non deben de namorarse. Repartirase a letra entre o público para cantala a coro e que nos escoiten en toda a comarca.
  • Xurxo Souto comentará historias na ruta sonora sobre as excursións que Castelao facía cos seus vellos amigos galeguistas que andaban polo Porriño: o fotógrafo Luis Ksado, o escritor Ramón Cabanillas, Paz Andrade, o arquitecto Antonio Palacios, etc.
  • E na Leira de Alicia teremos instalado un photocall para a ocasión: un chimpín cos elementos míticos do atuendo de Castelao para transformarse nun auténtico intelectual galeguista con gafas e chapeu.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

9 − seven =