CANSONORO
Sábado 21 | 10h00 | Saída dende o Can de Pedra

Cansonoro2

Desde hai tres anos, o músico e escritor Xurxo Souto guía polas corredoiras de Cans un roteiro baseado nas historias dos veciños e na memoria musical de cada casa. Acompañado polos acordeonistas de Acordecans, que fan a ruta con él, Souto conta historias, interactúa, canta cos veciños e intercala diálogos de filmes no seu discurso. Unha proposta diferente que fascina a veciños e visitantes. Nesta edición as súas historias partirán dos curiosos nomes da toponimia local, como o Camiño Fundo ou Cobaladra.

Así mesmo, con motivo do Ano Castelao, contará historias das excursións que Castelao facía cos seus vellos amigos galeguistas que andaban polo Porriño: o fotógrafo Luis Ksado, o escritor Ramón Cabanillas, Paz Andrade, o arquitecto Antonio Palacios, etc.

O pasado ano máis de 100 persoas estaban en pé o sábado a primeira hora da mañá para seguir ao “guía” Souto. Todo un récord tendo en conta que a maioría non irían para a cama antes das 5 da mañá do día anterior.

Cansonoro3

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

one + 2 =