Cans Proxecta. Territorio e coparticipación

Desde hai varios anos, o Festival de Cans mantén unha frutífera relación coa Escola Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña. Unha relación que se materializa nas accións que moitos futuros arquitectos plasman como construcións efémeras no Festival de Cans para provocar unha reflexión sobre o territorio e a paisaxe. Este ano, renóvase a colaboración de novo.

Que pasaría se Cans se convertese nun destino turístico mundial? Esta é a pregunta que marca o plantexamento do traballo que este ano realizarán no Festival de Cans os alumnos da FETSAC, que organizan o Festival de Arquitectura na Escola Superior de Arquitectura da Coruña (ETSAC), xunto co grupo GceT (Galicia Cidade e Territorio). Este grupo de investigación analiza os fenómenos do territorio e a masificación dos eventos é un deles.  Cans é un festival que medra e podería converterse nun evento masificado, e merece unha reflexión crítica ante tal hipótese.

A masificación produce cambios signficativos sobre o territorio e xeitos diferentes de relacionarse co espazo. Os estudantes de arquitectura traballarán cos veciños de Cans na confección de bonecos indentificables como turistas, e de paso prepárannos para o que poida vir.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

two × one =