CANS PROXECTA

Territorio e coparticipación

WEB_CANS_PROXECTA2

Desde hai varios anos, o Festival de Cans mantén unha frutífera relación coa Escola Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña. Unha relación que se materializa nas accións que moitos futuros arquitectos plasman como construcións efémeras no Festival de Cans para provocar unha reflexión sobre o territorio e a paisaxe.

Este ano, este traballo irá encamiñado a un obxectivo, como é tratar de “Buscar a Sombra” en varios espazos do festival que teñen carencias de sombra, sobre todo no Parque do Río. Desde hai varios meses, unha ducia de futuros arquitectos traballan neste proxecto que se plasmará nos días do Festival de Cans. Estes arquitectos traballan coordinados por profesores do prestixio de Emilio Rodríguez Blanco, Juan Creus e Jesús Irisarri, a través do grupo de investigación “Cidade e paisaxe”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

three + 3 =