Cans do futuro

Mércores, xoves e venres | 10h00 | Baixo de Bugarín

Alumnas e alumnas de institutos e colexios de toda Galicia veñen cos seus centros a Cans nas mañás do mércores, xoves e venres da semana do Festival. Esta rapazada terá, como en anos anteriores, encontros con cineastas e intérpretes que van pasar polo festival, e poderán ver pezas audiovisuais de diferentes estilos. Cada centro educativo está en Cans unha mañá enteira, asiste a hora e media de proxección e encontro con actores e outra hora e media a unha visita guiada pola aldea. Ademais, no tempo de descanso poden facer a xa clásica foto de recordo das visitas a Cans: enriba do chimpín que se aparca xunto o Can de Pedra.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

17 + sixteen =