CANS DO FUTURO

Mércores, xoves e venres | Pola mañá | En Cans

cansfuturo1

Rapaces de colexios e institutos de toda Galicia veñen cos seus centros a Cans nas mañás que van de mércores a venres nas datas do festival. Os estudantes terán como en anos anteriores encontros con actores e directores que van pasar polo festival e coñecerán a través de monitores formados a facer diferenciacións entre as diversas obras, saber as características dunha ficción, dun documental, dunha webserie ou dun videoclip, por exemplo.

Cada centro educativo está en Cans unha mañá enteira. Alí asisten a unha serie de encontros con actores e actrices, organizados por Aisge (Artistas Intérpretres, Sociedad de Gestión), polos que nesta edición pasarán, entre outros, Federico Pérez e Isabel Blanco. Ademais teñen unha visita guiada pola aldea, un pase de curtas exclusivo para eles e, no tempo de descanso, poden facerse a típica foto de Cans enriba do chimpín que se aparca xunto o Can de Pedra.

Este ano reforzamos tamén esta sección cun concurso de curtametraxes organizado en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística. As mellores pezas proxectaranse en Cans como premio.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

18 + 12 =