Canción Oficial

“A Cans”, unha versión de De Vacas

Despois de “A Vannes” de Françoise Hardy e “A Cannes” de Carlos Berlanga chega “A Cans” de De Vacas. Hai tempo que soñabamos con ter a nosa propia versión deste tema e convertela na nosa canción oficial.

VERSIÓN DANCE:

Si, é verdade, xa non é a primeira vez que alguén compón para nós un himno propio. Como nos imos esquecer daquela chamada ao bico colectivo de Tony Lomba no noso décimo aniversario. “O festival de Cans é como bicar, o Festival de Cans é como voar”, dicíanos este crack da música lixeira.

Agora quixemos facer noso un tema mítico que inicialmente a cantante francesa lle dedicou a Vannes, unha cidade do norte de Francia, e logo Carlos Berlanga ao noso curmán o Festival de Cannes. Non atopabamos un tema máis axeitado e De Vacas tamén nos pareceu quen mellor podía interpretalo.

Aceptaron e voilá! Con esta nova canción oficial queremos animar a calquera cineasta e ao público en xeral a vir a Cans, viaxar en chimpín e dende a leira falar de Godard. Descargádea, difundídea, cantádea, bailádea… en definitiva, gozádea!

Queres descargala? Preme nesta ligazón
E a versión dance? Pois neste outro enlace