Can Parade

Inauguración xoves 19 | 21h30 | Rúa San Sebastián (O Porriño)

CanParade

A silueta do Can de Cans atópase en todas partes: é perfectamente recoñecible e está sempre preparada para vivir novas reinterpretacións. Cada ano, un feixe de artistas de toda caste atrévese a darlle unha nova volta creativa á nosa icona: é a Can Parade, a cita anual do festival coa creación artística máis puxante.

Este ano escollemos a través dunha convocatoria aberta a nove novos creadores e creadoras de toda Galicia e mesmo un de Valença, das máis diversas disciplinas e estilos, que se atreverán a empregar a silueta do can como soporte:

1. Ari Quintas
2. Xiomara Lago
3. Isa Albela (BOH Galicia)
4. Pablo Solla
5. ARi Magritte
6. Dani Prieto (Shoooty)
7. Isis Rodríguez
8. KAMBIO Studio
9. Antonio Fernandes CanasNunes

E como Cans celebra o Ano Castelao, a súa obra gráfica e plástica inspirará boa parte dos traballos desta edición.

A Can Parade preséntase o xoves no Porriño e as figuras poderán verse tamén o sábado en Cans. O público votará por aquela peza que máis lle guste e o/a gañador/a recibirá un Can de Pedra.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

3 × one =