CAFÉ CON CREA: COLOQUIO HANNES STÖHR

Venres 24 | 10h00 | Baixo de Moncho

O Festival de Cans acolle, como cada ano, un encontro en colaboración con CREA, a Asociación Galega de Profesionais da Dirección e da Realización. Nesta ocasión contará coa presenza do director alemán Hannes Stöhr, a quen se lle dedica a primeira retrospectiva internacional da historia do Festival de Cans. Este cineasta nacido en Stuttgart, onde exerce actualmente de profesor de dirección e guión, formouse na Deutsche Film- und Fernsehakademie de Berlín. Sendo estudante viaxou por toda Europa. Chegou a Galicia, concretamente a Santiago de Compostela, arredor dos anos noventa, e coincidiu coa eclosión da Sala Nasa e todo o movemento que se creou arredor dela. Aquí establecería contacto e amizade con actrices e actores como Miguel de Lira, Luís Tosar e Blanca Cendán (entre outros moitos). Un conxunto de intérpretes que formarían parte do elenco de One Day in Europe, aquí traducida e coñecida como Galatasaray-Dépor (2005).

Hannes Stöhr participa neste Café con CREA onde debullará sobre o oficio de dirixir cine acompañado polo director Fon Cortizo, membro da directiva da asociación, e polo realizador Jorge Coira, amigo e colega de profesión.  Neste encontro falará ademais sobre as catro películas que dirixiu ata o momento –unha filmografía que poderemos ver ao completo dentro da programación do festival- e tamén terá oco para adiantar parte do guión da súa próxima longametraxe, na que retoma a conexión Galicia-Alemaña. Este coloquio terá lugar no Baixo de Moncho o venres 23 de maio, e as persoas asistentes serán convidadas a un café pola nova marca colaboradora do festival, Cafés Dromedario.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

three + twenty =