Escolma de booktrailers

Mércores 24 | 16h00 | Baixo de Bugarín

No empeño do Festival de Cans en visibilizar calquera disciplina creativa que teña hibridación coa creación audiovisual, en 2016 Cans foi o primeiro festival de Galicia en poñer en marcha unha sección paralela adicada ós booktrailers. Deste xeito púxose o foco sobre un xeito de crear que mestura dúas partes da creación: a literatura e o audiovisual.  A idea é tratar de consolidar esta sección e indagar no futuro das novas mesturas que, ó acubillo de Internet, emerxen como fórmulas de promoción da lectura e, ó mesmo tempo, contribuír a espallar a literatura feita en Galicia. A sección medra este ano, con novas propostas, co encontro con escritores e realizadores. Coordina e modera o coloquio: Teresa Cuíñas, xornalista.

Escolma de pezas seleccionadas para proxectar:

  • Últimos Bruídos” (Ed. Positivas) Ano 2017 | Autora: Marga Tojo | Realización: José Manuel Quiroga
  • “O anxo negro” (Xerais) 2016 | Autor: Manuel Gago | Realización: Soledad Felloza
  • “O sombreiro do mago” (Xerais) 2017 | Autora: Ánxeles Ferrer | Realización: Estrela Paramos
  • “Aníbal e a pintora” (Xerais) 2017 | Autor: Xabier Paz | Realización: Illa Bufarda
  • “O espello do mundo” (Xerais) 2017 | Autor: Ramón Nicolás | Realización: Iago Nicolás
  • “O amor nos escuros días de Bikenau” (Xerais) 2017 | Autor: Alberto Canal
  • “A soidade das medusas” (Galaxia) 2016 | Autora: Iria Collazo | Realización: Luz Beloso
  • “Desescribindo” (Apiario) 2016 | Autora: Marilar Aleixandre
  • “Auga a través” (Apiario) 2016 | Autora: Dores Tembrás.
  • “O cuarto das abellas” (Xerais) 2016 | Autora: Antía Otero | Creación musical: Isaac Garabatos

Proxecto “Recoméndoche un libro”

“Recoméndoche un libro” é un interesantísimo proxecto que imos presentar no Festival de Cans, e que mestura o audiovisual e a literatura para impulsar a lectura na rede. Impulsado pola Biblioteca Neira Vilas, o IES Castelao e a Escola Oficial de Idiomas de Vigo, esta iniciativa fomenta a práctica da lectura a través da participación.  Desde persoas que realizan booktrailers, a lectores que se exercitan como booktubers (crítica de libros en youtube), ata xente que se inicia na creación audiovisual coa literatura como excusa, “Recoméndoche un libro” é unha iniciativa das que nos gustan en Cans e por iso queremos dala a coñecer nesta sección.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

thirteen − five =