BERLIN IS IN GERMANY

2001 | 91 minutos | alemán (con subtítulos ao español)
Luns 20 | 20h00 |Sala Ingrávida

Dirección e guión: Hannes Stöhr

Produción: Luna Film

Música: Florian Appl

Fotografía: Florian Hoffmeister

Elenco: Jörg Schüttauf, Julia Jäger, Tom Jahn, Valentin Platareanu, Edita Malovcic, Robert Lohr, Robin Becker, Oscar Martínez

Vai de: Martin Schulz é posto en liberdade despois de estar 11 anos na cadea na Prisión de Brandenburgo e de vivir dende alí a caída do Muro de Berlín. Ao saír en liberdade devólvenlle os obxectos que levaba no momento da súa detención: un carne de identidade da República Democrática Alemá, o permiso de conducir e unha carteira con diñeiro da RDA. Martin terá que comezar unha nova vida nun Berlín reunificado.

Xénero: Comedia dramática.

Detalle: Premio Panorama do público na Berlinale, Festival de Cine de Berlín en 2001.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

eighteen − 16 =