BEIRAS. VIVIR 2 VECES

 

Dirección: Pepe Coira, Jorge Coira e Gaspar Broullón.

Guión: Fernando Rodríguez

Produción: OlloVivo

Fotografía: Jaime Pérez

Vai de: Este documental é un percorrido pola realidade actual e a historia recente de Galicia a través da mirada e as reflexións de Xosé Manuel Beiras, unhas das figuras políticas e intelectuais máis destacadas do país. Beiras.Vivir 2 veces repasa de preto a súa traxectoria seguindo, por unha banda, os lugares que mellor o identifican, e doutra, as imaxes máis emblemáticas dun percorrido vital de oito décadas.

Xénero: Documental.

Estado: en fase de montaxe.

O detalle: Esta é a primeira longa producida pola recén creada produtora OlloVivo, que forman Pepe Coira, Jorge Coira e Gaspar Broullón.

Coa presenza de Jorge Coira, Pepe Coira, Gaspar Broullón e o protagonista do documental Xosé Manuel Beiras.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

4 × five =