THE MAGIC OVEN (ANIMACIÓN)

THE MAGIC OVEN | 2016 | 4′ | Español

Dirección, produción, animación: Andrea Sánchez, Natalia Senra Sanmiguel, Sandra Varela Quiñoy

Música: Manuel Riveiro

Vai de: Rodolfo, un cociñero de prestixio, garda un gran segredo dentro da súa cociña. Sen embargo, a súa actitude avariciosa fará que se meta nalgúns problemas.

Xénero: Fantasía

O detalle: Curta finalista nos premios Mestre Mateo

SINCERAMENTE, YO YA NO RAZONO (ANIMACIÓN)

SINCERAMENTE, YO YA NO RAZONO | 2017 | 11′ | Español

Dirección, produción e animación: David Fidalgo Omil

Vai de: Retrato irónico e crítico sobre un de tantos sucesos machistas na televisión.

Xénero: Experimental

O detalle:David Fidalgo, forxado na sección de animación do Festival de Cans, basea a súa curta nos diálogos dun programa televisivo que seguro que recoñecerás.

LIEBRE

LIEBRE | 2017 | 15′ | Español

Dirección e produción: Juan Rodiño

Guión: Juan Rodiño, María Posada, Javier Martínez, Pedro Coto, Álex R. Moreira, Melo  Mourenza

Son: Celia Almuedo, Pedro Coto, Carlos Rodríguez

Fotografía: Juan Rodiño

Edición: Juan Rodiño

Arte: Mayte Lamana

Elenco: Carlos  Álvarez, Ángel  Sousa, Ana G. Guisado, Roberto Bambino García, Celia Valencia

Vai de: Runner é un tipo raro obsesionado co atletismo. Vai de local en local buscando con quen charlar un intre e compartir experiencias deportivas. Hoxe son Ángel e o instinto quen lle din a Runner que poderían compartir algo máis que una simple conversa.

Xénero: Thriller de ciencia ficción

O detalle: o realizador Juan Rodiño é arquitecto de formación e reside habitualmente en Fililpinas.

AS VACAS DE WISCONSIN

AS VACAS DE WISCONSIN | 2016 | 16′ | Galego

Dirección e guión: Sara Traba

Produción: María José García

Son: Isa Figueras

Fotografía: Miguel Ángel Raió

Edición: Iván Guarnizo

Música: Iago Marta

Elenco: Pilar Pereira, David Gundín, Amada Traba, Rubia

Vai de: Señora e Vaca son amigas. Vaca xa non da leite, porque é moi vella, como Señora. Señora descobre que en Wisconsin,  as vacas que escoitan música sinfónica dan máis leite. Por que non ía a suceder o mesmo coa súa amiga?

Xénero: Drama fantástico

O detalle: Curta finalista nos últimos premios Mestre Mateo

THE TRIP

THE TRIP | 2016 | 4′ | Español

Dirección: Eva Alonso

Produción: Iago Vázquez

Guión: Vicente Rodríguez

Fotografía e edición: César Seijas

Música: Paul Álvarez

Elenco: Tiago Rodríguez, Chus Álvarez

Vai de: O percorrido de dúas viaxes emocionais distintas levadas ao cabo ao mesmo tempo. Esta familia está contaxiada por un mal que hoxe en día ten á nosa sociedade enferma: os malos tratos.

Xénero: Drama

O detalle:Forxada no mundo do teatro, é a primeira e interesante curta da directora coruñesa Eva Alonso.

ALBORES

ALBORES | 2017 | 16′ | Galego

Dirección, guión, montaxe: Miguel Gómez Abad

Produción: Miguel Torres Barrán

Son: Manuel Lucas Mariño, Miguel Torres Barrán

Fotografía: Miguel Gómez Abad, Breogán Martínez Gómez

Música: Nicolas Doldan Sainz

Elenco: Mateo Guerreiro Rodríguez, Adam Suárez Azogue, Alexandre Fernández Jiménez

Vai de: Un rapaz reláxase nunha praia baleira. Come unha mazá. Entérraa. Algo acontece. Algo, de primeiras, imposible. Fai sol, pero síntese o frío. É inverno.

Xénero: Drama psicolóxico

O detallle: Estrea en Galicia desta curta que a pesar de non ter diálogo, transmite unha gran intensidade.

I SEE YOU EVERYWHERE

I SEE YOU EVERYWHERE | 2016 | 4′ | Español

Dirección e guión: Rubén Méndez

Produción: Rubén Méndez, Oscar Doviso, Mariana Romero

Son: Sebastián Mato

Fotografía: Adrián González

Edición: Mariana Romero

Música: Iván Caride

Arte: Mariana Romero

Elenco: Oscar Doviso, Beatriz Cid

Vai de: Un home solitario obsesiónase cunha canción… só que as cancións ás veces non rematan tan ben como comentan.

Xénero: Crime, horror, psicolóxico, thriller

O detalle: Ollo á lograda estética dos anos 70 que ten a curta.

 

LA MADRINA

LA MADRINA | 2017 | 9′ | Español

Dirección e produción: Pedro Sancho

Guión: Juanma Pina

Son: Daniel Álvarez

Fotografía: Carlos Garcés

Edición: Pablo M. Lara

Música: Jingle Django

Arte: Laura  Gómez González

Elenco: Sheyla  Fariña, Arantxa  Aranguren, Raquel  Guerrero, Mario Alberto , David  Muro, Juan  Caballero

Vai de: Ás veces a madriña non só elixe a cor das flores na voda. Definitivamente, hai días nos que aínda que un vaia casar é mellor non saír da casa.

Xénero: Comedia

O detalle: O realizador vigués Pedro Sancho está por segunda vez na competición de Cans. Estrea en Galicia.

LOCALE

LOCALE 2017 | 18′ | Galego

Dirección: Luis Solarat

Produción: Inferno Mortal

Son: Toni Penido

Fotografía: Bluemission

Arte: Sonia Vera

Elenco: Luis  Taboada, Xoque Carvajal, Luisa Brea

Vai de: John esta a visitar un estrano lugar, faino en soños… É este lugar real, ou un producto da sua imaxinación?

Xénero: Ciencia ficción

O detalle: nesta curta rodada no antigo poblado mineiro do Fontao, o autor logra unha sofisticada atmósfera de ciencia ficción.

AREA

AREA | 2017 | 11′ | Galego

Dirección: Anxos Fazáns

Produción: Daniel Froiz, Silvia Fuentes

Guión: Anxos Fazáns

Son:  Xavier Souto

Fotografía: Alberte Branco

Edición: Jorge Coira

Arte: Jaione Camborda

Elenco: Tamar Novas, Nerea Barros, Maria Roja

Vai de: Máis alá da narración dunha despedida, Area fala do proceso creativo dende o punto de vista de quen escribe. Penetra na mente do escritor que emprega a ficción para descubrirse nas súas palabras.

Xénero: Drama romántico

O detalle: Estrea absoluta da nova curta de Anxos Fazáns, que se atopa en plena rodaxe do seu primeiro filme, A estación violenta

VOLANT

VOLANT | 2016 | 17′ | Español

Dirección e guión: Raquel Pérez

Produción: Carmen Ruiz

Son: Carmen Ruiz

Fotografía: Omar Rabuñal

Elenco: Manuela Varela, Mónica Pérez

Vai de: Unha muller cuestiona quen nos colle as mans no noso camiño…

Xénero: Aventura – Comedia  

O detalle: A directora desta curta concibiu inicialmente esta a peza para o certame Doble-Rol, no que un actor ou actriz ten que facer varios papeis. 

PEQUEÑA SILENCIOSA

PEQUEÑA SILENCIOSA 2017 | 17′ | Español

Dirección: Carlos Alonso Ojea

Produción: Reinaldo Lancaster

Guión: Maika Valero, Carlos Alonso Ojea

Son: Laia Casanovas

Fotografía: Maria Codina Edición: Felipe Bravo

Música: Joan Vila

Arte: Marti Flotats

Elenco: Ada Estiarte, Carlus Fàbrega, Montse Morillo

Vai de: Olivia e Héctor están pasando por unha profunda crise na súa relación. Cando parece que as cousas non poden ir peor, a súa filla René desaparece. Xa nada volverá a ser o mesmo.

Xénero: Drama  

O detalle: o realizador tudense residente en Barcelona Carlos Alonso Ojea levou o premio ao mellor guión con Hogar Hogar no 2014 en Cans. 

AAVA

AAVA | 2016 | 6′ | Finlandés

Dirección, produción, guión e edición: Andrea Zapata Girau

Operador de cámara: Juna Mehtäläinen, Andrea Zapata Girau

Son: Javier Abreu, Lasse Posser

Elenco: Silvia Eliana Aedo, Sonja Linnea Halkin, Julia Amelia Girau

Vai de: Hanna reflexiona sobre as súas dificultades cotiás para conciliar unha profesión artística que lle apaixoa co coidado da súa filla Aava, á que deixa cada día coa súa sogra chilena.

Xénero: Drama

O detalle: a curta viaxará ata Cannes no “Short Film Catalog” do Short Films Corner. Forma parte do proxecto Visións.

EMPTY

EMPTY | 2016 | 5′ | Galego

Dirección, produción e guión: Beatriz Vilariño González

Son: Leo García

Fotografía: Marcos Del Villar Ruiz

Arte: Carla Moreno Coll

Elenco: Greta Fernández

Vai de: Unha rapaza aparece nun lugar baleiro e abstracto no que terá que loitar cunha serie de imaxes, obxectos e sentimentos sobre ela mesma e o mundo que a rodea.

Xénero: Experimental

O detalle: a protagonista é filla do coñecido actor Eduard Fernández.

CASTRATI

CASTRATI | 2017 | 3′ | Español

Dirección: Edu Lavandeira

Produción: Tamara Blanco

Elenco: Chela Santalla, David Perdomo

Vai de: Que pasaría se o amor da túa vida fose un castrati? O que uniu o amor, que non o separe a cirurxía.

Xénero: Comedia  

O detalle: Estrea absoluta desta curta do realizador Edu Lavandeira, que competiu xa en varias edicións do Festival de Cans. 

ÁREA DE DESCANSO

ÁREA DE DESCANSO | 2016 | 19′ | Galego

Dirección: Pablo Outón

Guión: Pablo Outón

Produción: Base Laracha

Edición: José Luis Ducid

Son: José Manuel Martínez “Bonham”

Música: Iago Pereira e KRPNTA

Arte: Nando Vázquez, Víctor Ulla

Elenco: César Aldea, Miro Magariños, Xavier Pan, Marta Doviro, Pedro Picos, Arturo Santos, José  Luis Ducid, Elena Couto, Felipe Lage

Vai de: Nun día de verán, un viaxante comercial conduce pola autopista. Desacougado polo estrés decide parar nunha área de descanso.

Xénero: Cine Negro, road movie.

O detalle: Última curta, primeira de ficción, do artista plástico Pablo Outón.

EINSTEIN-ROSEN

EINSTEIN-ROSEN | 2016 | 9′ | Español

Dirección e guión: Olga Osorio

Produción: Juan Galiñanes García, Olga Osorio

Son: Alberto Blanco, Jorge G. Colado

Fotografía: Suso Bello

Edición: Juan Galiñanes, Olga Osorio

Arte: Beatriz Gayoso Prieto

Elenco: Teo Galiñanes, Óscar Galiñanes, Xúlio Abonjo, Ricardo De Barreiro

Vai de: Verán do 82. Teo asegura que topou un burato de verme. O seu irmán Óscar non o cre… polo menos de momento.

Xénero: Ciencia Ficción, comedia, fantasía, infantil.

O detalle: Peza gañadora dun Mestre Mateo na última edición dos premios e tamén a curta máis premiada do último ano.

POSTALES

POSTALES | 2016 | 12′ | Español

Dirección: Pablo Santidrián e Inés Pintor

Produción: Pablo Santidrián e Inés Pintor

Elenco: Nadia De Santiago, Fernando Guallar

Vai de: Ainhoa e Jon coñécense nunha illa deserta. Os dous deixaron en pausa as súas vidas e viaxaron ata unha illa alonxada de todo o que coñecen.

Xénero: Drama, romance.

O detalle: a curta vén de ser seleccionada en numerosos festivais de todo o estado. 

Videoclips

Esta actividade está patrocinada por GIA INMOBILIARIA

O concurso de videoclips do Festival de Cans é un evento de enorme popularidade que representa o gran escaparate do último que se está a facer en Galicia. A selección desta edición do Festival reflicte a rica diversidade de grupos e de creadores, con estilos moi variados á hora de facer música ou de crear videoclips. Nesta 14ª edición do festival poderemos escoitar pop, rock, folk, hip-hop, ska ou incluso metal como ritmos protagonistas de pezas dirixidas por vellos coñecidos do Festival como e xa premiados con anterioridade como Javi Camino, Fran X. Rodríguez, Xaime Miranda ou Soledad Rebollo e unha nova xeración de realizadores como Antón Varela, Manuel Caamagno ou Sara Iglesias.

1. Ánima, “La arquitectura del hielo”. Dirixe: Miguel Ángel Fernández Barri
2. Arrhythmia, “Tan só notas”. Dirixe: Álvaro López Barreiro
3. Avecrem, “Bosnia y Herzegovina”. Dirixe: Sara Iglesias
4. Cintaadhesiva, “O deserto”. Dirixen: Jesús Tejada e Silvia Penas
5. Dakidarría, “Lume”. Dirixe: Julián Maguna
6. Escuchando elefantes, “Volveré”. Dirixen: Carlos Tajes e Sílvia Rábade
7. Ezetaerre, “Mao a mà”. Dirixe: Juan Sebastián Pirola
8. Guadi Galego, “Vida”. Dirixe: Carlos Lago “O Terser Home”
9. Igloo, “Restos de un naufragio”. Dirixe: Fran X. Rodríguez
10. Linda Guilala, “Abstinencia”. Dirixe: Javi Camino
11. Malandrómeda, “Bótalle caldo”. Dirixe: Manuel Caamagno
12. MoonCresta, “Sweet Innocence”. Dirixe: Juan Martínez
13. Oh! Ayatollah, “Mi re la”. Dirixen: Xaime Miranda e Antón Miranda
14. Selvática, “Mi cuidad”. Dirixe: Carlos Martínez-Peñalver
15. Sr. Anido& Sra. Álvarez, “It came from outer space IV”. Dirixe: Javi Álvarez
16. Van Marban, “Dutch girl”. Dirixe: Gero Costas
17. Villanueva, “Ella”. Dirixe: Soledad Rebollo
18. Woyza, “Pelea”. Dirixe: Isaura Docampo
19. Ivy Moon, “Hallucinogenic”. Dirixe: Antón Varela  
 
 Nesta lista de reproducción poderás ver os videoclips:
 

Un ano máis bátese o récord de curtas inscritas no Festival de Cans

O Festival de Cans bate un ano máis o seu récord de curtas inscritas, pois recibiu na súa convocatoria para as seccións oficiais a concurso un total de 235 producións galegas, o que supón case un 10% de incremento con respecto á edición anterior, na que chegaran 215 traballos. Continúe lendo Un ano máis bátese o récord de curtas inscritas no Festival de Cans

Nova edición do curso de gravación, edición e montaxe

O Festival de Cans volve estimular ás súas veciñas e veciños para que se lancen de pleno ao sector audiovisual ofrecendo unha nova edición do seu curso de gravación edición e montaxe impartido polo realizador Juanma Lodo. Continúe lendo Nova edición do curso de gravación, edición e montaxe

O Festival de Cans ocupa a sexta posición como iniciativa cultural máis destacada de Galicia

O Festival de Cans ocupa a sexta posición como iniciativa cultural máis destacada de Galicia segundo un estudo levado a cabo pola Fundación Contemporánea Continúe lendo O Festival de Cans ocupa a sexta posición como iniciativa cultural máis destacada de Galicia