Rodrigo Sorogoyen e a actuación do Gran Wyoming encabezan o día da entrega de premios en Cans

O Festival de Cans chega á celebración do seu Día Grande coa entrega dos premios desta 16ª edición e acollendo tamén as actividades musicais, cinematográficas e os encontros máis interesantes. Continúe lendo Rodrigo Sorogoyen e a actuación do Gran Wyoming encabezan o día da entrega de premios en Cans

O xurado de videoclips premia “Vision”, dirixido por Peque Varela para Window Pane

A Praza do Concello acolleu onte a celebración da Noite LASAL co concurso de videoclips no que se proxectaron dezanove pezas e no que se puido ver unha mostra das propostas musicais e audiovisuais galegas máis recentes. Continúe lendo O xurado de videoclips premia “Vision”, dirixido por Peque Varela para Window Pane

‘Eroski Paraíso’ e ‘Global Player’, proxeccións estrela do segundo día de Cans

Mañá xoves, o Festival de Cans acolle como filme de apertura a pre-estrea de Eroski Paraíso e a proxección de Global Player, a película que completa a primeira retrospectiva internacional do certame dedicada ao director alemán Hannes Stöhr. Continúe lendo ‘Eroski Paraíso’ e ‘Global Player’, proxeccións estrela do segundo día de Cans

O Festival de Cans inicia este sábado na Sala Ingrávida a retrospectiva do director alemán Hannes Stöhr

O Festival de Cans, que se celebrará do 22 ao 25 de maio, inicia esta fin de semana na Sala Ingrávida as proxeccións da que será a primeira retrospectiva internacional da historia do certame dedicada ao director alemán Hannes Stöhr. Continúe lendo O Festival de Cans inicia este sábado na Sala Ingrávida a retrospectiva do director alemán Hannes Stöhr

O Local Parroquial de Cans acolle mañá xoves ás 19h a venda física de entradas do 16º Festival de Cans

Mañá xoves 16 de maio, o Festival de Cans porá a venda as derradeiras entradas para acudir ás proxeccións das curtametraxes da Sección Oficial desta 16º edición e para asistir a outras actividades e sesións paralelas de pago.

Continúe lendo O Local Parroquial de Cans acolle mañá xoves ás 19h a venda física de entradas do 16º Festival de Cans

O Festival de Cans contará coa exposición “Outra pel, outro rostro” da fotógrafa Cris Andina

O Festival de Cans no seu intento de ter o cinema como punto de partida e achegar o festival a outras disciplinas, programa por primeira vez unha exposición fotográfica, que vai máis alá das datas principais do certame. Continúe lendo O Festival de Cans contará coa exposición “Outra pel, outro rostro” da fotógrafa Cris Andina

Rodrigo Sorogoyen e o Gran Wyoming súmanse ao programa da edición máis internacional de Cans con cineastas de ata seis países

➡ DESCARGA AQUÍ O DOSSIER DE PRENSA DA XVI EDICIÓN DO FESTIVAL DE CANS

A Casa do Cid acolleu a presentación da programación completa do Festival de Cans, cando quedan menos de 15 días para que arrinque esta XVI edición. Continúe lendo Rodrigo Sorogoyen e o Gran Wyoming súmanse ao programa da edición máis internacional de Cans con cineastas de ata seis países

Sección Oficial de Videoclips

1. Igloo – “G7”. Dirixe: Lara Isabel Gómez.

2. KADETTGSI – “Scalextric”. Dirixe: Emilio Horyaans.

3. Guadi Galego – “Desdibuxar”. Dirixe: Carlos Lago.

 

4. Músculo! – “What me left behind”. Dirixe: Rubén Domínguez.

5. Xoana – “Mártires”. Dirixe: Andreia Táboas.

6. Birds & Cables – “Older with you”. Dirixe: Soledad Rebollo.

7. GHZ feat Hugo Guezeta – “Veleno”. Dirixe: Adrián González.

8. La casa de los ingleses – “Nunca lo veremos”. Dirixen: José Aragunde e Ana
Seoane.

9. Silvia Penide – “El Salto”. Dirixe: Marcos Aboal.

10. Baiuca feat Aliboria – “Olvídame”. Dirixe: Adrián Canoura.

11. Contenedor de mierda – “Ponte de pijo”. Dirixe: Sara Iglesias.

12. Pantis – “Val”. Dirixe: Rubén Domínguez.

13. Blanco Palamera – “Sola con mi voz”. Dirixe: Adrián Canoura.

14. MounQup – “Totally Wired”. Dirixe: Camille Hedouin e Didier Jujax.

15. Basanta – “Gris”. Dirixe: Xaime Miranda.

16. Berta Franklin – “Somos incendio”. Dirixe: Rubén Domínguez.

17. MJ Pérez – “O fío do que pendo”. Dirixe: MJ Pérez.

18. Window Pane – “Vision”. Dirixe: Peque Varela.

19. Thee Blind Crows – “Loco Chamanes”. Dirixe Gero Costas.

Marlango e The Legendary Tigerman, primeiras confirmacións musicais do Festival de Cans

O Festival de Cans, que se celebrará do 22 ao 25 de maio, presenta hoxe un avance de dous dos concertos fortes da súa programación. Unha das novidades importantes deste ano é a remodelación do espazo da Leira da señora Alicia, que pasará a chamarse Espazo Estrella Galicia Continúe lendo Marlango e The Legendary Tigerman, primeiras confirmacións musicais do Festival de Cans

Budiño, Antón Reixa e Chisme convertirán o Invernadoiro de Mucha do Peso nun dos espazos estrela do Festival de Cans

A señora Mucha e o seu home, Juan, dúas das persoas de maior idade da aldea de Cans, 80 e 88 anos respectivamente, comezan estes días a estirar a alfombra vermella para acoller de novo no seu cuberto e no seu invernadoiro, unha das chamadas a ser a programación estrela da XVI edición do Festival de Cans.

Continúe lendo Budiño, Antón Reixa e Chisme convertirán o Invernadoiro de Mucha do Peso nun dos espazos estrela do Festival de Cans

Nove curtas compoñen FuraCans, a competición de non-ficción que se consolida no Festival de Cans

O Festival de Cans acolle por segundo ano dentro da súa sección oficial o bloque de FuraCans, a competición de non-ficción que se consolida nesta 16ª edición. Neste espazo, no que se poderá ver unha panorámica xeral do que están a realizar parte das xeracións máis novas do cinema galego Continúe lendo Nove curtas compoñen FuraCans, a competición de non-ficción que se consolida no Festival de Cans

O cineasta alemán Hannes Stöhr protagoniza a primeira retrospectiva internacional do Festival de Cans

O realizador alemán Hannes Stöhr asistirá ao Festival de Cans, que se celebra do 22 ao 25 de maio, para protagonizar a primeira retrospectiva internacional da historia do certame. Continúe lendo O cineasta alemán Hannes Stöhr protagoniza a primeira retrospectiva internacional do Festival de Cans

O Festival de Cans acollerá por primeira vez un Concurso de Pintura Rápida que xirará arredor do cine

O Festival de Cans acollerá por primeira na súa historia un Concurso de Pintura Rápida na cita anual do evento coa creación artística. A actividade sustituirá á Can Parade, en busca de abrirse a novos horizontes e disciplinas.

O concurso terá lugar en O Porriño, no entorno da praza do Concello, o xoves 23 de maio. Continúe lendo O Festival de Cans acollerá por primeira vez un Concurso de Pintura Rápida que xirará arredor do cine

O Festival de Cans viaxa este venres ata a Sorbona de París

O Festival de Cans, que se celebrará do 22 ao 25 de maio, porá nesta 16ª edición o foco de atención na súa internacionalización. Esta vontade, presente na imaxe gráfica e no lema deste ano, márcase na idea de ir abrindo unha fiestra para aumentar a presenza de realizadoras e realizadores doutros países Continúe lendo O Festival de Cans viaxa este venres ata a Sorbona de París

O Festival de Cans recoñece a traxectoria do actor Carlos Blanco co Premio Pedigree 2019

A Asociación Arela decidiu concederlle nesta edición o Premio Pedigree 2019, o seu máximo galardón honorífico, ao actor Carlos Blanco, “pola súa traxectoria de case tres décadas no mundo da interpretación, e pola súa disposición sempre para traballar con creadores e creadoras novos e, sobre todo, con curtametraxistas”. Continúe lendo O Festival de Cans recoñece a traxectoria do actor Carlos Blanco co Premio Pedigree 2019

Un ano máis o Festival de Cans aumentou o número de obras rexistradas a concurso

O Festival de Cans bateu un ano máis o seu récord de curtas inscritas, pois recibiu na súa convocatoria para as seccións oficiais a concurso un total de 255 producións galegas, fronte aos 252 traballos da pasada edición. Continúe lendo Un ano máis o Festival de Cans aumentou o número de obras rexistradas a concurso

Abrimos o prazo de patrocinios de jalpóns para Cans 2019

Como cada edición, o Festival de Cans abre o prazo para empresas que desexen patrocinar o festival. As entidades que estean interesadas en amadriñar ou apadrinar jalpóns ou en facer calquera proposta de patrocinio poden contactar co festival a través do mail patrocina@festivaldecans.com, ou a través das redes sociais. Continúe lendo Abrimos o prazo de patrocinios de jalpóns para Cans 2019

O DOCUMENTAL “SAD HILL DESENTERRADO” PECHA ESTE DOMINGO O CICLO “CANS TODO O ANO”

O ciclo Cans todo o ano, que o Festival de Cans organiza durante todo o ano coa Sala Ingrávida e co CineClube Rebobina, chega este domingo 23 ás 19,00 horas á súa última proxeción do ano, e faino por todo o alto. Continúe lendo O DOCUMENTAL “SAD HILL DESENTERRADO” PECHA ESTE DOMINGO O CICLO “CANS TODO O ANO”