O FESTIVAL DE CANS E GADIS FAN ENTREGA DE 25 CESTAS DE NADAL A VECIÑAS E VECIÑOS DE CANS

O Festival de Cans e a empresa Gadis entregaron nestas datas de nadal no Torreiro de Cans, un total de 25 cestas con produtos navideños a todas as veciñas e veciños de Cans que colaboran prestando as súas casas durante os días do certame. Continúe lendo O FESTIVAL DE CANS E GADIS FAN ENTREGA DE 25 CESTAS DE NADAL A VECIÑAS E VECIÑOS DE CANS

ABERTA A CONVOCATORIA PARA A XVII EDICIÓN DO FESTIVAL DE CANS

O Festival de Cans abre este martes 17 de decembro a convocatoria de envío de obras a concurso para a súa XVII edición, que terá lugar nesta aldea de O Porriño entre o 19 e o 23 de maio de 2020, sumando un día máis de festival respecto á edición anterior.

Continúe lendo ABERTA A CONVOCATORIA PARA A XVII EDICIÓN DO FESTIVAL DE CANS

AS CURTAS GAÑADORAS NO FESTIVAL DE CANS COMEZAN UN PERCORRIDO INTERNACIONAL

O Festival de Cans comezará este mércores 13 de novembro en Bruxelas un percorrido internacional que o levará a estar presente nos vindeiros meses en cidades como París ou Lisboa.

Continúe lendo AS CURTAS GAÑADORAS NO FESTIVAL DE CANS COMEZAN UN PERCORRIDO INTERNACIONAL

O FESTIVAL DE CANS PARTICIPARÁ NO ENCONTRO “CULTURA Y CIUDADANÍA” EN MADRID

O Festival de Cans estará presente no V Encontro “Cultura y Ciudadanía”, que se celebra ao longo desta semana no Centro de Creación Contemporánea Matadero e outros espazos en Madrid. Continúe lendo O FESTIVAL DE CANS PARTICIPARÁ NO ENCONTRO “CULTURA Y CIUDADANÍA” EN MADRID

O FESTIVAL DE CANS E CARLIN ENTREGAN CHEQUES DESCONTO ÁS NENAS E NENOS DA ALDEA

O Festival de Cans entregou nestes días os cheques desconto para que as rapazas e rapaces da aldea que colaboran co certame, poidan canxealos por material escolar neste inicio do curso. Esta entrega é froito dunha colaboración que o festival asinou coa cadea de papelería Carlin, unha das firmas colaboradoras do certame.

Continúe lendo O FESTIVAL DE CANS E CARLIN ENTREGAN CHEQUES DESCONTO ÁS NENAS E NENOS DA ALDEA

O xurado de videoclips premia “Vision”, dirixido por Peque Varela para Window Pane

A Praza do Concello acolleu onte a celebración da Noite LASAL co concurso de videoclips no que se proxectaron dezanove pezas e no que se puido ver unha mostra das propostas musicais e audiovisuais galegas máis recentes. Continúe lendo O xurado de videoclips premia “Vision”, dirixido por Peque Varela para Window Pane

‘Eroski Paraíso’ e ‘Global Player’, proxeccións estrela do segundo día de Cans

Mañá xoves, o Festival de Cans acolle como filme de apertura a pre-estrea de Eroski Paraíso e a proxección de Global Player, a película que completa a primeira retrospectiva internacional do certame dedicada ao director alemán Hannes Stöhr. Continúe lendo ‘Eroski Paraíso’ e ‘Global Player’, proxeccións estrela do segundo día de Cans

O Festival de Cans acollerá por primeira vez un Concurso de Pintura Rápida que xirará arredor do cine

O Festival de Cans acollerá por primeira na súa historia un Concurso de Pintura Rápida na cita anual do evento coa creación artística. A actividade sustituirá á Can Parade, en busca de abrirse a novos horizontes e disciplinas.

O concurso terá lugar en O Porriño, no entorno da praza do Concello, o xoves 23 de maio. Continúe lendo O Festival de Cans acollerá por primeira vez un Concurso de Pintura Rápida que xirará arredor do cine

O filme ‘Eroski Paraíso’ abrirá a XVI edición do Festival de Cans

O Festival de Cans, que se celebrará do 22 ao 25 de maio nesta parroquia pontevedresa, dará comezo nesta edición coa proxección da versión cinematográfica de Eroski Paraíso, dirixida por Jorge Coira e Xesús Ron. Continúe lendo O filme ‘Eroski Paraíso’ abrirá a XVI edición do Festival de Cans

Un ano máis o Festival de Cans aumentou o número de obras rexistradas a concurso

O Festival de Cans bateu un ano máis o seu récord de curtas inscritas, pois recibiu na súa convocatoria para as seccións oficiais a concurso un total de 255 producións galegas, fronte aos 252 traballos da pasada edición. Continúe lendo Un ano máis o Festival de Cans aumentou o número de obras rexistradas a concurso

Abrimos o prazo de patrocinios de jalpóns para Cans 2019

Como cada edición, o Festival de Cans abre o prazo para empresas que desexen patrocinar o festival. As entidades que estean interesadas en amadriñar ou apadrinar jalpóns ou en facer calquera proposta de patrocinio poden contactar co festival a través do mail patrocina@festivaldecans.com, ou a través das redes sociais. Continúe lendo Abrimos o prazo de patrocinios de jalpóns para Cans 2019

O FESTIVAL DE CANS ABRE CONVOCATORIA PARA A SÚA XVI EDICIÓN

O Festival de Cans traballa xa a tope na XVI edición do festival, que este ano terá lugar entre o mércores 22 e o sábado 25 de maio. Este martes, 8 de xaneiro, o festival abre a súa convocatoria a concurso para a recepción de curtametraxes Continúe lendo O FESTIVAL DE CANS ABRE CONVOCATORIA PARA A SÚA XVI EDICIÓN

O DOCUMENTAL “SAD HILL DESENTERRADO” PECHA ESTE DOMINGO O CICLO “CANS TODO O ANO”

O ciclo Cans todo o ano, que o Festival de Cans organiza durante todo o ano coa Sala Ingrávida e co CineClube Rebobina, chega este domingo 23 ás 19,00 horas á súa última proxeción do ano, e faino por todo o alto. Continúe lendo O DOCUMENTAL “SAD HILL DESENTERRADO” PECHA ESTE DOMINGO O CICLO “CANS TODO O ANO”

O FESTIVAL E GADIS ENTREGAN ÓS VECIÑOS CESTAS DE NADAL

Como cada Nadal nos últimos anos, o Festival de Cans e a empresa Gadis achegaron ás veciñas e veciños de Cans, vinte cestas de Nadal para agradecerlles a moitas familias a estreita colaboración que manteñen co festival. Continúe lendo O FESTIVAL E GADIS ENTREGAN ÓS VECIÑOS CESTAS DE NADAL

NACE “PROXECTA”, COORDINADORA DE FESTIVAIS DE CINEMA DE GALICIA

Este martes 18 de decembro presentouse no Museo das Peregrinacións de Santiago Proxecta, a que será histórica primeira coordinadora de festivais de cinema de Galicia.

Continúe lendo NACE “PROXECTA”, COORDINADORA DE FESTIVAIS DE CINEMA DE GALICIA

O Festival de Cans bateu nesta edición o seu record de contratacións sumando 126 persoas

O Festival de Cans converteuse na presente edición en moito máis que o gran acontecemento cultural do mundo rural en Galicia. Pouco a pouco, o certame está defininíndose tamén como un proxecto que demostra a importancia da cultura á hora de incrementar a riqueza e postos de traballo. Continúe lendo O Festival de Cans bateu nesta edición o seu record de contratacións sumando 126 persoas

12.000 persoas asisten ao Festival de Cans na súa edición con programación máis ambiciosa

A décimo quinta edición do Festival de Cans congregou ao longo dos seus catro días de duración a unhas 12.000 persoas que esgotaron todas as sesións con entradas á venda, ben anticipadamente ou durante a celebración do evento. Continúe lendo 12.000 persoas asisten ao Festival de Cans na súa edición con programación máis ambiciosa

O Festival de Cans proxecta este domingo as obras gañadoras na súa XV edición

Este domingo, 3 de xuño ás 20h00, o público terá a última oportunidade de ver as curtas gañadoras na XV edición do Festival de Cans na Sala Ingrávida do Porriño. Continúe lendo O Festival de Cans proxecta este domingo as obras gañadoras na súa XV edición

Matria bate récords e faise con catro premios no 15º Festival de Cans

O Festival de Cans entregou hoxe, na gala final do seu día grande, os premios correspondentes á súa 15ª edición. A curta Matria, de Álvaro Gago, fixo historia ao converterse na primeira en acadar catro premios en Cans Continúe lendo Matria bate récords e faise con catro premios no 15º Festival de Cans

Fernando Trueba, no Coloquio na Leira en Cans: “A comedia é un misterio”

Esta mañá, Fernando Trueba foi o protagonista dun memorable Coloquio na Leira en Cans, no que falou de humor, de cinema e de proxectos futuros, ademais de compartir cun atentísimo público anécdotas dos mitos da séptima arte cos que tivo a fortuna de compartir filmes ou comidas. Continúe lendo Fernando Trueba, no Coloquio na Leira en Cans: “A comedia é un misterio”

Fernando Trueba, Gracia Querejeta e Burning encabezan o día da entrega de premios en Cans

Un ano máis, o Festival de Cans chega á súa fin e faino por todo o alto, coa entrega dos premios desta 15ª edición pero tamén co audiovisual, a música e os encontros máis interesantes. Continúe lendo Fernando Trueba, Gracia Querejeta e Burning encabezan o día da entrega de premios en Cans

O xurado de videoclips premia “Omertá”, dirixido por Gero Costas para BALA

Onte tivo lugar na Praza do Concello a gran festa dos videoclips da Noite GIA: proxectáronse as dezaoito pezas a concurso que amosan o estado actual da creatividade da música e o audiovisual galego, nun evento que rematou por todo o alto, co público bailando coa cumbia de Esteban & Manuel. Continúe lendo O xurado de videoclips premia “Omertá”, dirixido por Gero Costas para BALA

A Noite das Homenaxes, concertos e o audiovisual que vén protagonizan o venres en Cans

Hoxe venres a programación de Cans vén cargada de momentos emocionantes, incluíndo o que é probablemente o máis emotivo do Festival: a Noite das Homenaxes. A produtora Chelo Loureiro colocará a súa estrela no Torreiro e recibirá o Premio Pedigree’18, máximo galardón do Festival de Cans Continúe lendo A Noite das Homenaxes, concertos e o audiovisual que vén protagonizan o venres en Cans

Palmarés do III Concurso de booktrailers ‘O Ollo de Vidro’

Logo de reunirse o xurado e pasar por duras deliberacións, hoxe á tarde vimos de coñecer as pezas premiadas no III Concurso de booktrailers ‘O Ollo de Vidro’, que este ano impulsa o Festival de Cans.

Premio do xuradoO principiño, de Laura Lorenzo, Ainoha Martínez, Monique Otero, Lourdes Manteiga e Carlos Lago (do IES Pino Manso). Continúe lendo Palmarés do III Concurso de booktrailers ‘O Ollo de Vidro’

O Festival de Cans acolle mañá a proxección dos seus dous filmes de apertura: ‘A estación violenta’ e ‘British Winters’

Mañá xoves, o Festival de Cans terá filme de apertura por partida dobre. Se habitualmente é unha longametraxe a encargada de inaugurar o Festival logo da Noite dos veciños e veciñas do mércores, este ano o público terá a oportunidade de desfrutar de dúas películas moi esperadas: A estación violenta British Winters. Continúe lendo O Festival de Cans acolle mañá a proxección dos seus dous filmes de apertura: ‘A estación violenta’ e ‘British Winters’