THE LEGENDARY TIGERMAN

THE LEGENDARY TIGERMAN

Venres 24 | 00h00 | Torreiro de Cans

Detrás de The Legendary Tigerman está o músico portugués Paulo Furtado que vén de abandonar o formato de one-man band no que tocaba el só varios instrumentos (batería, a harmónica e a guitarra). The Legendary Tigerman chega ao Festival de Cans con banda para tocar as cancións do seu séptimo e último disco Misfit. Un traballo de punk rock escuro que foi co-producido por David Catching e gravado no mítico estudo Rancho de la Luna en California, lugar no que teñen gravado os Arctic Monkeys, Iggy Pop ou os Foo Fighters. En paralelo á elaboración deste disco Furtado rodou xunto ao director Pedro Maia e Rita Lino a película Fade into nothing, una historia que axuda á conceptualización do disco, e que conta a historia dun home que quere desaparecer.

CHISME

CHISME

Sábado 25 | 16h00 | Invernadorio de Mucha do Peso
Concerto + estrea mundial de SYD. Efectos especiales dejan de ser especiales con el tiempo dirixida por Fernando Epelde
Prezo: 5€

Chisme é o proxecto musical do poliédrico Fernando Epelde, tamén coñecido polo seu traballo como dramaturgo, compositor e singular creador de imaxes. No seu novo disco Médium (2019), que editará o selo Raso, atopamos bases electrónicas que se tinxen con samplers, toques de hip-hop e o pop máis bailable. As súas letras dispersas e multireferenciais e as proxeccións persoais e convulsas que o acompañan no escenario compoñen unha proposta paranoica e arriscada. Chisme é o médium entre o aquí e o máis alá.

MJ Pérez

MJ PÉREZ

Sábado 25 | 16h30 | Escenario Fundación SGAE – Cans Voulevar

Nos últimos meses, moita xente chegou a MJ Pérez a través de “Malaxente”, a versión na que fusionaba á Rosalía de “Malamente” cos versos de “Castellanos de Castilla” da nosa Rosalía de Castro. Esta fusión puido resultar sorprendente para quen tivese a esta artista por unha cantautora, pero é que MJ Pérez non é unha cantautora ao uso: dende a esencia da canción de autor con voz e guitarra, a arzuana introduce sen prexuízos distintos estilos, sempre coa palabra e a mensaxe dos temas en primeiro plano e cunha ética de traballo admirable na que se ten ocupado da produción ou edición de álbums como Casandra e Guerrilleira. Unha figura emerxente da música pop en galego a non perder.

PATRICIA MOON

PATRICIA MOON

Sábado 25 | 18h30 | Escenario Fundación SGAE – Cans Voulevar

A polifacética Patricia Moon é cantante, compositora, violinista e pianista. A súa discografía conta xa con tres álbums Patricia Moon, Oxytocin e Rock & Love, no concerto que dará no escenario Fundación SGAE cantará temas deste último disco. Na súa traxectoria destacan tamén as súas numerosas colaboracións: nomes do prestixio de Siniestro Total ou Los Piratas, e outros como The Posies, Matt Elliott ou Ken Stringfellow (REM, Big Star) no ámbito internacional proban o recoñecemento unánime do seu talento. Entre os seus proxectos destacan Amy Winehouse Experience, homenaxe á diva do soul xunto a Robin Banerjee, guitarrista orixinal da banda de Winehouse, e Ramonas On Tour, iniciativa que toma como obxectivo a visibilización da muller a través da industria cultural.

 

Rodrigo Sorogoyen e o Gran Wyoming súmanse ao programa da edición máis internacional de Cans con cineastas de ata seis países

➡ DESCARGA AQUÍ O DOSSIER DE PRENSA DA XVI EDICIÓN DO FESTIVAL DE CANS

A Casa do Cid acolleu a presentación da programación completa do Festival de Cans, cando quedan menos de 15 días para que arrinque esta XVI edición. Continúe lendo Rodrigo Sorogoyen e o Gran Wyoming súmanse ao programa da edición máis internacional de Cans con cineastas de ata seis países

BFLECHA Dj

Sesión Discochimpín: BFlecha DJ

Venres 24 | 02h00 | Torreiro de Cans

BFlecha é un dos nomes imprescindibles da electrónica nacional. A produtora e DJ viguesa Belén Vidal estará a noite do venres no Torreiro en formato DJ Set. Despois de sacar dous álbums Beta e Kwalia volvía á carga en 2018 coa publicación de dous singles “Ctrl. Escape” e “Arecibo”, un adianto do novo disco que se espera para finais de ano, e que enunciaba coas palabras “é un novo comezo”. En paralelo continúa a súa traxectoria co formato DJ Set movéndose entre o r&b futurista, a electrónica, o pop e a música urbana contemporánea.

Sección Oficial de Videoclips

1. Igloo – “G7”. Dirixe: Lara Isabel Gómez.

2. KADETTGSI – “Scalextric”. Dirixe: Emilio Horyaans.

3. Guadi Galego – “Desdibuxar”. Dirixe: Carlos Lago.

 

4. Músculo! – “What me left behind”. Dirixe: Rubén Domínguez.

5. Xoana – “Mártires”. Dirixe: Andreia Táboas.

6. Birds & Cables – “Older with you”. Dirixe: Soledad Rebollo.

7. GHZ feat Hugo Guezeta – “Veleno”. Dirixe: Adrián González.

8. La casa de los ingleses – “Nunca lo veremos”. Dirixen: José Aragunde e Ana
Seoane.

9. Silvia Penide – “El Salto”. Dirixe: Marcos Aboal.

10. Baiuca feat Aliboria – “Olvídame”. Dirixe: Adrián Canoura.

11. Contenedor de mierda – “Ponte de pijo”. Dirixe: Sara Iglesias.

12. Pantis – “Val”. Dirixe: Rubén Domínguez.

13. Blanco Palamera – “Sola con mi voz”. Dirixe: Adrián Canoura.

14. MounQup – “Totally Wired”. Dirixe: Camille Hedouin e Didier Jujax.

15. Basanta – “Gris”. Dirixe: Xaime Miranda.

16. Berta Franklin – “Somos incendio”. Dirixe: Rubén Domínguez.

17. MJ Pérez – “O fío do que pendo”. Dirixe: MJ Pérez.

18. Window Pane – “Vision”. Dirixe: Peque Varela.

19. Thee Blind Crows – “Loco Chamanes”. Dirixe Gero Costas.

CANDO MAMÁ PECHOU AS CAIXAS

CANDO MAMÁ PECHOU AS CAIXAS

2018 | 16′ | galego

Dirección, guión e montaxe: Arancha Brandón

Elenco: Delia Brandón

Música: Denis Carballás

Vai de: Cando a nai da realizadora decide pechar o negocio familiar en A Guarda e trata de buscar a vida con máis de 50 anos aparecen as falsas expectativas sen saber que rumbo coller. Cando esa situación coincide coa época de desorientación similar dos teus fillos, xorde o detonante. Porque o almacenado é máis grande que a túa casa, e a túa casa tamén é túa nai. Un documental sobre a familia, o traballo en familia e a importancia de atoparse a si mesmos.

Xénero: Documental. Autobiográfico.

O detalle: Esta curta foi galardoada na pasada edición do OUFF en Curto e tamén acadou o segundo premio no concurso Curtas Prima organizado polas Xornadas de Cine e Vídeo en Galicia (Xociviga) do Carballiño. Arancha Brandón tamén é autora da curta A Typical Morning realizada no obradoiro “Un camiño
posible” de Novos Cinemas coordinado por Eloy Enciso.

16-11-2016 / 13-5-2017

16-11-2016 / 13-5-2017

2018 | 17′ | español – galego

Dirección, guión e montaxe: Marta Valverde

Vai de: Dúas datas que delimitan o período de tempo que abarca este diario visual, un apunte autobiográfico nun caderno levado á imaxe. Unha narración en directo que se desprega como calquera outra historia contada de maneira oral. Os feitos xorden de memoria e aparecen como recordos: a colcha da cama da túa avoa, as albóndegas da túa nai, as conversas na terraza ou a persoa coa que compartías cama.

Xénero: Documental. Autobiográfico.

O detalle: Este realizadora, interesada na fotografía analóxica e no videoarte, vén realizando nos últimos anos interesantes pezas como Resiliencia e El tiempo suspendido fei tas dentro dos talleres organizados polo Novos Cinemas. Traballou como axudante de edición en películas como María (y los demás) de Nely Reguera. 16-11-2016/13-5-2017 é un videodiario que se puido ver na sección Supernova na pasada edición de Curtocircuíto.

PALMIRA

PALMIRA

2019 | 11′ | galego | [Estrea mundial]

Dirección, guión e montaxe: Rebeca Lar

Vai de: PALMIRA é a biografía dunha famosa meiga do barrio vigués de Teis. A través dos recordos e das palabras dunha das súas sobriñas, a peza ofrece unha viaxe ata a Galicia máis máxica.

Xénero: Videocreación.

O detalle: É o debut na realización desta artista, investigadora e docente da Facultade de Belas Artes de Pontevedra.

IN TOUCH WITH THE INFINITE

IN TOUCH WITH THE INFINITE

2019 | 13′ | sen diálogos | [Estrea mundial]

Dirección, guión e montaxe: Alejandra Pombo

Vai de: A natureza, a auga e os animais -sobre todo os felinos- son elementos continuados na obra desta autora. Nesta curta regresa á súa fascinación polas imaxes que emerxen como se abrollaran entre a propia natureza e os fragmentos de músicas diversas que acaban converxendo nun singular proceso creativo.

Xénero: Videocreación. Experimental.

O detalle: É a primeira vez que o Festival de Cans selecciona unha peza desta artista -que traballa na experimentación coa imaxe en movemento- rebasando as barreiras dos centros de arte, onde se mostra habitualmente a súa obra. A artista traballou no proceso de edición desta peza durante unha residencia artística no Santarcangelo Festival (Italia).

EN LA BOCA DE LA MINA

EN LA BOCA DE LA MINA

2019 | 22′ | español | [Estrea en España]

Dirección e guión: Brandán Cerviño

Produción: Sabrina Zimmermann

Fotografía: Fernanda Vázquez

Montaxe: Pablo Hernández

Son: Daniela Fung Macchi

Vai de: A través da xente de El Cobre, unha antiga cidade mineira cubana, coñecemos a celebración da tradición “cimarrón” e recordamos os primeiros levantamentos de escravos. Hoxe a que foi a primeira mina de América Latina está pechada e os seus habitantes viven da venda de esculturas relixiosas.

Xénero: Documental.

O detalle: Este realizador de Monforte de Lemos, formouse na Escola de Cine San
Antonio de los Baños de Cuba, onde ten realizado varios dos seus traballos. Esta curta terá a súa estrea en España logo de pasar por países como Brasil (Festival É Tudo Verdade).

CÓMO DESAPARECER

CÓMO DESAPARECER

2018 | 6′ | sen diálogos (subtítulos en galego)

Dirección e montaxe: Carlos Martínez Peñalver

Guión: Carlos Martínez Peñalver e Joel Fontán Produción: OMEN & Nas Beiras

Son: Antía Suárez

Elenco: Joel Fontán, Antía Suárez

Vai de: Joel decide marchar cara un territorio descoñecido, deixando ao seu paso como única pista unhas bobinas de 16mm. Unha mensaxe encriptada onde se entrevé unha viaxe sobre o desapego e a busca de unha nova ligazón coa natureza.

O detalle: Carlos Martínez-Peñalver é un habitual nas seccións a concurso do Festival de Cans, onde a súa curtametraxe Nocturna levou en 2015 o Premio CREA á mellor dirección. Este director e montador vigués, que comezou realizando videoclips para grupos da escena underground galega, está afincado en Barcelona onde traballa no colectivo artístico OMEN.

CAERÁN LÓSTREGOS DO CEO

CAERÁN LÓSTREGOS DO CEO

2018 | 26′ | galego

Dirección e guión: Adrián Canoura

Música: Alejandro Canoura

Elenco: Alejandro Míguez

Vai de: Mística e natureza. Un fenómeno que cabalga entre o mito e a realidade. O abstracto, o intanxible, o incomprensible. Para a sociedade tradicional, esencialmente rural, o trono é un dos peores males; por iso, atribúese ao Maligno e asóciase co demo.

O detalle: Esta peza experimental, baseada nun poema de Follas Novas de Rosalía de Castro, foi escollido pola prestixiosa crítica Nicole Brenez como un dos mellores filmes de 2018. En FILMADRID conseguía o Premio á Mellor Película na Sección Vanguardias e tamén recollía o Premio Camira, outorgado pola Cinema and Moving Image Research Assambly, plataforma integrada por críticos e académicos de todo o mundo.

HORA SILENCIOSA

HORA SILENCIOSA

2018 | 14′ | español

Dirección, fotografía e montaxe: Noelia Muíño

Vai de: As monxas beneditinas do Convento de clausura de San Paio de Antealtares, situado a beira da Catedral e da turística praza da Quintana en Santiago de Compostela, realizan a súa rutina diaria en total silencio.

Xénero: Documental.

O detalle: Para gravar esta peza a realizadora Noelia Muíño tivo que ingresar neste convento compostelán durante varios días e adaptarse ás rutinas e aos horarios das monxas de clausura. Hora Silenciosa pasou pola sección oficial de curtametraxes do OUFF e pola 14ª edición da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico do Museo do Pobo Galego, onde levou o Premio á Mellor Película Galega.

DEVALAR

DEVALAR

2018 | 28′ | galego | [Estrea mundial]

Dirección e guión: Mar García

Produción: ESCAC Films

Produtora: Inés Pérez Rey

Fotografía: Úrsula Comendador

Música: Sergi Leyva

Vai de: “Devalar” quere dicir “o paso do tempo sobre as cousas”. Esta curtametraxe é o retrato dunha aldea costeira de Ferrolterra ao borde do Atlántico que se debuxa con recordos da infancia da directora.

Xénero: Documental.

O detalle: Esta directora de Neda realizou este traballo co apoio da ESCAC de Barcelona, onde nestes momentos está completando a súa formación.

LUSCOFUSCO

LUSCOFUSCO

2019 | 2′ | sen diálogos

Director, guión e montaxe: Javier Portomeñe

Produción: Javier Portomeñe

Vai de: Entre o día e a noite revélase o luscofusco. É nese intre cando o bosque adquire unha dimensión máxica na que podemos ollar aos pequenos seres que o habitan.

O detalle: Luscofusco foi unha das curtas finalistas na categoría de Mellor curtametraxe de animación nos Mestre Mateo.

PRUEBA DE FUEGO

PRUEBA DE FUEGO

2019 | 5′ | sen diálogos | [Estrea mundial]

Director e guión: Borja Santomé

Animación: Borja Santomé

Vai de: Amence na gran cidade e temos que enfrontarnos de novo ao ruído e á xente. Unha atmosfera inquietante, un pesadelo diúrno, unha proba de fogo.

O detalle: Borja Santomé, graduando en Belas Artes, estrea a súa nova curta en Cans, despois de gañar o pasado ano a categoría de animación coa súa curta El Reloj.

SOY UNA TUMBA

SOY UNA TUMBA

2018 | 12′ | galego

Dirección e guión: Khris Cembe

Produtor: UniKo

Director de arte e animación: Khris Cembe Son: David Rodríguez

Música: Víctor García

Montaxe: Khris Cembe

Vai de: Un neno observa agochado como o seu pai descarga tabaco de contrabando na metade da noite na súa vila da costa. Pero esa noite non hai tabaco.

O detalle: Esta curtametraxe do cangués Khris Cembe foi a gran triunfadora dos premios 3D Wire Fest, gañando o premio á mellor curtametraxe e o premio do público. Tamén estivo nominada aos Goya neste mesmo 2019.

LA NOCHE

LA NOCHE

2018 | 12′ | galego

Dirección e guión: Martín Romero

Produtor: Iván Miñambres

Director de arte: Martín Romero

Son: David Rodríguez

Música: Joseba Beristain

Animación: Dalila Rovazzani e José Granelo

Montaxe: Martín Romero

Vai de: Un home Lobo e unha muller Lúa atópanse nunha cálida noite de verán ao lado dun lago e inmediatamente xorde o amor, pero un feito inesperado fará que nada volva ser igual.

O detalle: Premio de guión para o desenvolvemento de curtametraxes en Cinema Jove. Finalista de animación nos Mestre Mateo, Premio de Animación da Comunidade de Madrid e seleccionado a competición no último Festival de Málaga.

HOMOMAQUIA

HOMOMAQUIA

2018 | 14′ | sen diálogos | [Estrea mundial]

Dirección e guión: David Fidalgo Omil

Produtores: Chelo Loureiro e Mariano Barachet

Fotografía: David Fidalgo Omil

Música: Nani García

Montaxe: David Fidalgo

Vai de: Homomaquia preséntanos un mundo onde os seres humanos son tratados como estes tratan aos animais, poñéndoo no papel do touro. A través desta metáfora vemos a violencia e a falta de liberdade destes animais.

O detalle: Esta é a sexta participación consecutiva de David Fidalgo como finalista da sección de animación en Cans, onde o vimos medrar como creador.

LA PESCADORA

LA PESCADORA

2019 | 10′ | sen diálogos | [Estrea en España]

Dirección e guión: Edu Lavandeira

Produción: Ana Lorenzo Riveiro

Fotografía: Edu Lavandeira

Son directo: Edu Lavandeira

Montaxe: Edu Lavandeira

Elenco: Chela Santalla, Xoán Padín

Vai de: Unha muller íllase nun encoro para pescar. E faino día e noite, dun xeito obsesivo, visceral.

Xénero: Drama, suspense.

O detalle: En só dous meses nos circuítos La pescadora leva seis seleccións internacionais en festivais de Canadá, México, India ou Italia.

SENDEIRO

SENDEIRO

2018 | 15′ | galego

Dirección e guión: Lucía Estévez

Dirección de produción: Silvia Fuentes Fotografía: Lucía C. Pan

Son: Alberto Blanco

Música: María Rodés e Davide González

Montaxe: Iria Silvosa

Elenco: Cristina Andrade, Xoel Roupar, María Roja e Simón da Torre.

Vai de: Un conto de irmáns. Julia e Manu quedan orfos e vense obrigados a vivir sos na casa familiar, onde o eco dos recordos se mantén presente día tras día. Manu, o irmán pequeno, loita por sacar a Julia da rutina na que se vén somerxidos.

Xénero: Drama familiar.

O detalle: Este nova e prometedora creadora gañou en 2018 o Premio María Luz Morales mellor videoensaio sobre o audiovisual galego por Muller Personaxe.

DE REPENTE LA NOCHE

DE REPENTE LA NOCHE

2018 | 25′ | español

Dirección : Cristina Bodelón e Ignacio de Vicente

Guión: Enrique Esteve e Alphonse de la Puente 

Produción: Cristina Bodelón e Ignacio de Vicente

Fotografía: Octavio Arias

Montaxe: Ignacio de Vicente e Cristina Bodelón 

Son: Juan Diego Leal, Jose Antonio Plaza, Mikel Z. Castells

Música: Sergio Moure de Oteyza

Elenco: Marta Nieto, Valeria Schoneveld e Cristóbal Suárez

Vai de: Elena e Mario teñen unha filla que sofre unha grave enfermidade. Para sobrevivir precisa un trasplante de un irmán xenéticamente compatible. Tras varios intentos, Elena volve quedar embarazada. Este vez todo vai con normalidade, aínda que a soidade e o medo de perder o amor do seu marido, fan que Elena se suma nun escuro abismo.

Xénero: Drama

O detalle: Cristina Bodelón e Ignacio de Vicente codirixiron varias curtas que tiveron moi boa acollida internacional. A súa curta Ganga estivo nominada á Mellor Curta documental no Notodofilmfest en 2011. De repente, la noche obtivo o Premio á Mellor Curtametraxe no Festival Madrid en corto en 2019.

O QUE PRECEDE Á CAÍDA É BRANCO

O QUE PRECEDE Á CAÍDA É BRANCO

2018 | 9′ | galego

Dirección: Aldara Pagán

Axudante de dirección: Clara Coira

Produción: Clara Coira, Aldara Pagán

Fotografía: Iria Loira

Montaxe: Alicia Alonso

Son: Elba Souto

Elenco: Aldara Pagán, Brais Pedreira, Manu López e Lúa Pagán.

Vai de: Un irredutible alento de loucura intermitente desquicia o seu pensamento, aínda quente, descubrindo unha sensación insoportable de abandono idealizado.

Xénero: autobiográfico, intimista.

O detalle: Primeira curtametraxe que dirixe e protagoniza esta prometedora cineasta, cuxo equipo técnico está formado enteiramente por mulleres. O título está extraído do libro O que precede a caída é branco (2015) da poeta Oriana Méndez.

O QUE MEDRA POR DENTRO

O QUE MEDRA POR DENTRO

2019 | 17′ | galego | [Estrea mundial]

Dirección e guión: Nacho Ozores

Xefe de produción: Silvia Fuentes

Fotografía: Lucía C. Pan

Son directo: Xavier Souto

Música: Luís Álvarez

Montaxe: Iria Silvosa

Elenco: Jaime Olías e Xabier Deive

Vai de: Cris é un ecoloxista medioambiental que loita por repoboar o bosque, no camiño atópase cos indicios dun incendio forestal claramente intencionado a punto de comezar. Tras evitalo, descobre ao responsable intentando amañar o seu erro. Cris fará o posible por impedilo de novo.

Xénero: Drama ecolóxico.

O detalle: Prometedor debut como curtametraxista deste cineasta da Mariña con estrea absoluta no Festival de Cans.

THE WIDOW (A VIÚVA)

THE WIDOW (A VIÚVA)

2018 | 8′ | inglés (subtítulos en español)

Dirección, guión e produción: Noelia Muíño

Fotografía: Asia Khmelova

Son: Yuan Yuan

Música: Adrián García Planells

Elenco: Allie Shapiro e Graham Powell.

Vai de: Virxinia acaba de perder ao seu esposo, ao chegar do seu funeral recibe a visita do seu veciño. El ofrécelle a súa axuda para quitar a cabeza de xabarín que preside o salón, pero esa non será a única razón pola que él está alí.

Xénero: Drama.

O detalle: Esta cineasta de O Pino, rodou A viúva en Nova Iork, onde estudia dirección de cine. Mellor Curtametraxe no último OUFF de Ourense.

MARUSÍA

MARUSÍA

2019 | 11′ | castelán, galego | [Estrea en Galicia]

Dirección: Pedro Sancho

Guión: Pedro Sancho

Xefe de produción: Raquel Figueirido

Fotografía: Carlos Garcés

Son directo: Eloy Táboas e Tomi Penido.

Música: The Soul Jacket

Montaxe: Pablo M. Lara

Elenco: Antonio Durán “Morris”, Fran Paredes, Mercedes Paz e Bertrán Labraña Areda.

Vai de: Juan e Pedro, dous perdedores que non pasan polo seu mellor momento, apuran o seu último licor café no bar da Socia. Fartos da súa situación deciden vingarse do sistema tomando a decisión máis ousada das súas vidas: voar un barco situado nunha concorrida rotonda.

Xénero: Comedia Social.

O detalle: Pedro Sancho ten o don para a comedia e regresa a Cans coa estrea desta obra inspirada nunha historia real: un barco que está instalado nunha rotonda en Vigo.

LIMBO

LIMBO

2018 | 14′ | galego

Dirección: Dani Viqueira

Guión: Dani Viqueira

Xefe de produción: Suso López

Fotografía: Lucía C. Pan

Son: Javier Pato

Música: Germán Díaz

Elenco: Xosé Eirín, Paula Morado e Rita Aneiros.

Vai de: A incapacidade de Xosé para aceptar a nova realidade da súa vida lévao a unha espiral de autodestrucción na que acaba envolvendo á súa muller e á súa filla.

Xénero: Terror.

O detalle: Unha das curtas con máis seleccións en festivais internacionais no último ano. Premio do Xurado no Terroríficamente Cortos, o Festival Internacional de Cine Fantástico de Castela e León.

A NENA AZUL

A NENA AZUL

2018 | 21′ | galego

Dirección: Sandra Sánchez

Guión: Sandra Sánchez e Ángeles Huerta

Produtora: Cut up

Fotografía: Lucía C. Pan

Son: Xavi Souto e Javier Pato

Música: Nico Casal

Elenco: Carla Díaz, Lucía González e Sergio Zearreta.

Vai de: Sira é unha nena de oito anos, filla dun percebeiro furtivo da Costa da Morte, que un día escapa da escola e se agocha nunha praia mentres busca ao seu pai. Alí atópase cunha nena que se lle parece moito.

Xénero: Fantástico.

O detalle: A nena azul foi premio a mellor curtametraxe nos Mestre Mateo en 2019 e mención especial do xurado da sección Planeta GZ no último Festival Curtocírcuito.