O Festival de Cans, Premio da Cultura Galega 2018

O Festival de Cans recibirá este ano o Premio da Cultura Galega na modalidade de audiovisual. É unha gran noticia para o noso festival, xa que este recoñecemento, é un dos premios máis relevantes da cultura galega. Continúe lendo O Festival de Cans, Premio da Cultura Galega 2018

O FESTIVAL DE CANS E A EMPRESA CARLIN ENTREGAN A RAPAZAS E RAPACES DA ALDEA VALES DE MATERIAL ESCOLAR

O Festival de Cans continúa traballando ó longo do ano no seu obxectivo de servir como ferramenta para contribuir á educación e achegar a cultura ó mundo rural. Estes días fixemos entrega a 23 rapazas e rapaces da aldea de vales para canxear material escolar nos comercios de Carlin, por un valor de 20 euros.

Entre estes nenos e nenas hai un grupo que colaboran no festival como guías dos camiños, e que teñen entre 8 e 14 anos, e outro grupo a partir de 15 anos que antes foron guías e agora están sendo formados en labores de produción e outros departamentos. Á entrega destes vales no Torreiro de Cans asistiu a veciña de Cans Rosa Bernárdez, que é a persoa que coordina a actividade destes rapaces e rapazas durante os días do evento.

Desde a organización do Festival de Cans sentímonos moi orgullosos de poder conceder estas axudas en material escolar para o novo curso, e devolverlle a estas nenos da aldea a ilusión coa que colaboran co festival.

Temos que coidalos porque eles serán o noso futuro!!!

Ata sempre Divina

O Festival de Cans lamenta o falecemento da popular veciña da parroquia Divina Campos, coñecida como Divina do Castillo, que nos deixou ós 86 anos. No ano 2012, o festival concedeulle o Chimpín de Prata como recoñecimento ó seu apoio ó festival e á súa colaboración entusiasta, poñendo este galardón no Muro dos Chimpíns.

Continúe lendo Ata sempre Divina

Fernando Trueba, Gracia Querejeta e Triángulo de Amor Bizarro súmanse á programación do 15º Festival de Cans

DESCARGA AQUÍ O DOSSIER COA PROGRAMACIÓN COMPLETA DE #CANS18

A Casa do Cid, espazo emblemático do Festival de Cans, acolleu hoxe a presentación do 15º Festival de Cans, na que se desvelou o programa ao completo, coas destacadas incorporacións dos cineastas Fernando Trueba Gracia Querejeta Continúe lendo Fernando Trueba, Gracia Querejeta e Triángulo de Amor Bizarro súmanse á programación do 15º Festival de Cans

Manuel Lourenzo, Berta Ojea, Borja Cobeaga ou Nieve de Medina protagonizarán varios dos coloquios do Festival de Cans

O Festival de Cans fará na súa 15ª edición unha gran aposta polos coloquios e encontros co público, que terán lugar no histórico Baixo do Moncho nas mañás que van do mércores 23 ao venres 26 de maio, sempre ás 11:30 horas (entrada libre ata completar un aforo máximo de 125 persoas).

Continúe lendo Manuel Lourenzo, Berta Ojea, Borja Cobeaga ou Nieve de Medina protagonizarán varios dos coloquios do Festival de Cans

Kevin Weatherill, dos Immaculate Fools, estreará o Invernadoiro, un novo espazo singular de Cans

O Festival de Cans inaugura este ano o Invernadoiro, un novo espazo singular para o audiovisual e a música, e faino coa visita de Kevin Weatherill, un artista de relevancia internacional no pop das últimas décadas. Continúe lendo Kevin Weatherill, dos Immaculate Fools, estreará o Invernadoiro, un novo espazo singular de Cans

Variedade de estilos e talentos na Sección Oficial de videoclips do Festival de Cans

Dentro do audiovisual, os videoclips xogan sempre un papel de interese pola súa inmediatez e versatilidade: o mesmo poden achegarse ao cinema experimental que construir pequenas narrativas, ás veces funcionan como laboratorio de ideas para novos e novas cineastas e outras atopamos artistas con longas traxectorias centradas nos vídeos musicais. Continúe lendo Variedade de estilos e talentos na Sección Oficial de videoclips do Festival de Cans

Nove curtas comporán FuraCans, a nova sección competitiva de non ficción do Festival de Cans

Por primeira vez na súa historia, o Festival de Cans incorpora na súa Sección Oficial unha competición de curtametraxes de non ficción, que leva o nome de FuraCans. Continúe lendo Nove curtas comporán FuraCans, a nova sección competitiva de non ficción do Festival de Cans

Os lendarios Burning actuarán na décimo quinta edición do Festival de Cans

O mesmo espírito ecléctico que traslada a selección audiovisual do Festival de Cans déixase ver no listado de artistas musicais que veñen de sumarse ao cartel desta 15ª edición. Continúe lendo Os lendarios Burning actuarán na décimo quinta edición do Festival de Cans

Os filmes ‘A estación violenta’ e ‘British winters’ abrirán o Festival de Cans

O Festival de Cans continúa nesta edición a súa aposta polas novas xeracións de cineastas do país e acollerá a proxección de tres filmes realizados por novos profesionais da creación audiovisual que veñen do mundo da curtametraxe. Continúe lendo Os filmes ‘A estación violenta’ e ‘British winters’ abrirán o Festival de Cans

O Festival de Cans recoñece a traxectoria da produtora Chelo Loureiro co Premio Pedigree 2018

A Asociación Arela decidiu concederlle nesta edición o Premio Pedigree 2018, o seu máximo galardón honorífico, á produtora Chelo Loureiro, unha muller cun papel imprescindible na construcción do audiovisual galego nas últimas dúas décadas. Continúe lendo O Festival de Cans recoñece a traxectoria da produtora Chelo Loureiro co Premio Pedigree 2018

Depedro protagonizará o Concerto Mahou Cinco Estrellas na Leira de Alicia do Festival de Cans

Por cuarto ano consecutivo, Mahou volverá ser un dos principais patrocinadores do Festival de Cans e complementará a programación do evento con distintas actividades relacionadas co cinema e a música. Continúe lendo Depedro protagonizará o Concerto Mahou Cinco Estrellas na Leira de Alicia do Festival de Cans

Xa se pode participar na Can Parade

A silueta do Can de Cans atópase en todas partes, é perfectamente recoñecible e está sempre preparada para que a interveñan artisticamente. Cada ano, un feixe de artistas de toda caste atrévese a darlle unha nova volta creativa á nosa icona a través da Can Parade, a cita anual do festival coa creación artística. Continúe lendo Xa se pode participar na Can Parade

O Festival de Cans crea unha sección internacional e contará coa presenza de realizadores de Brasil, Líbano, Italia e Portugal

O Festival de Cans, que se celebrará entre os próximos 23 e 26 de maio, contará nesta edición con varias presenzas internacionais a través da súa sección ExtraCans, que se redefine para ser un espazo no que se buscará a conexión de creadores e creadoras galegos con directores e directoras doutros países. Continúe lendo O Festival de Cans crea unha sección internacional e contará coa presenza de realizadores de Brasil, Líbano, Italia e Portugal

Venres en Cans: homenaxes, o audiovisual que vén e concerto de León Benavente e Corizonas

O venres 26 de maio, tivo como protagonistas aos creadores e creadoras nas primeiras horas da xornada no Café con CREA, protagonizado polo director Guillermo García e membros da asociación, e nas nosas seccións “A que andas?” e “Fill@s de Cans”. Continúe lendo Venres en Cans: homenaxes, o audiovisual que vén e concerto de León Benavente e Corizonas

Cans acolle a estrea de “A historia dun satélite” na súa segunda xornada de Festival

O Festival de Cans inaugurou a súa segunda xornada de Festival recibindo a centos de escolares na súa sección “Cans do futuro”. Os rapaces e rapazas asistiron a hora e media de proxeción e participaron nunha visita guiada pola aldea. Continúe lendo Cans acolle a estrea de “A historia dun satélite” na súa segunda xornada de Festival

Montxo Armendáriz, a conmemoración dos 15 anos da catástrofe do Prestige e Corizonas, protagonistas desta edición do Festival de Cans

DESCARGA AQUÍ O DOSSIER COMPLETO CON TODA A PROGRAMACIÓN

 

O Festival de Cans chega nesta 14ª edición reforzando eixos fundamenteis da súa programación ao potenciar a liña dos coloquios e encontros e abríndose a outras discilplinas como a gastronomía, as artes plásticas ou a literatura Continúe lendo Montxo Armendáriz, a conmemoración dos 15 anos da catástrofe do Prestige e Corizonas, protagonistas desta edición do Festival de Cans

Cans reordena a súa programación dándolle unha nova dimensión ao xoves do Festival  

O Festival de Cans reforzará nesta edición a súa programación para o xoves 25 de maio, no que terá lugar o habitual concurso de videoclips da Noite Gía, convertíndoo nunha xornada na que convivirán o audiovisual, a música, a gastronomía, a literatura e as artes plásticas con actividade dende a mañá ata a noite. Continúe lendo Cans reordena a súa programación dándolle unha nova dimensión ao xoves do Festival  

A música de Uxía e o histórico grupo Radio Océano encherán o Jaliñeiro do Festival de Cans

O Festival de Cans fusionará, como xa é habitual, o audiovisual coa música na zona do Jaliñeiro e o Espazo Multiusos na tarde do sábado 27 de maio, día grande do Festival. Continúe lendo A música de Uxía e o histórico grupo Radio Océano encherán o Jaliñeiro do Festival de Cans

Venda das primeiras 600 entradas

Mañá martes 25 de abril a partir das 10h00 poñeranse á venda online as primeiras 600 entradas do Festival de Cans, que dan acceso á proxección da sección oficial de curtametraxes a concurso do sábado 27 de maio, 250 delas para a sesión matinal e 350 para a sesión de tarde Continúe lendo Venda das primeiras 600 entradas

“A historia dun satélite”, das Also Sisters, será o filme de apertura do Festival de Cans

O Festival de Cans acollerá a estrea mundial de A historia dun satélite, unha longametraxe dirixida polas irmás Sonia e Miriam Albert-Sobrino, coñecidas como as Also Sisters. Continúe lendo “A historia dun satélite”, das Also Sisters, será o filme de apertura do Festival de Cans

León Benavente e Eladio y los Seres Queridos actuarán no Espazo Mahou do Festival de Cans

O apoio de Mahou na parte musical está sendo clave para levar a cabo o festival nesta edición, na que se segue á espera dunha solución por parte da Agadic. Continúe lendo León Benavente e Eladio y los Seres Queridos actuarán no Espazo Mahou do Festival de Cans

O Festival de Cans segue adiante e abre a convocatoria da Can Parade

O Festival intenta continuar o seu traballo para reordenar a súa programación e convoca unha nova edición da Can Parade, que este ano se desenvolverá na Praza do Concello.

Continúe lendo O Festival de Cans segue adiante e abre a convocatoria da Can Parade

Chimpín de Prata 2017: Feliciano Bernárdez “Xano”

Cada ano, o Festival de Cans concede tamén un Chimpín de Prata aos veciños e veciñas que participan activamente na súa celebración. Nesta edición, o Chimpín de Prata irá a parar ás mans de Feliciano Bernárdez “Xano”, o chimpineiro máis veterano do Festival de Cans con 77 anos.
Continúe lendo Chimpín de Prata 2017: Feliciano Bernárdez “Xano”

Premio Pedigree 2017: Miguel de Lira

Case sen darnos de conta, toda unha xeneración de actores e actrices de Galicia superou os cincuenta anos de idade e xa levan máis de tres décadas instalados na nosa iconografía popular. Miguel de Lira é un deses intérpretes que medraron ao mesmo tempo que o foi facendo audiovisual propio de Galicia.
Continúe lendo Premio Pedigree 2017: Miguel de Lira

Miguel de Lira, Jorge Coira e Feliciano Bernárdez “Xano” serán os homenaxeados do Festival de Cans

Miguel de Lira recibirá o Premio Pedigree 2017 polo seu compromiso coa sociedade, a cultura do país e por ser imprescindible no panorama audiovisual galego actual. Os Chimpíns de Prata “Premio Pepe Puime” deste ano son para o director, guionista e montador Jorge Coira e o veciño Feliciano Bernárdez “Xano”, chimpineiro de maior idade do festival con 77 anos.
Continúe lendo Miguel de Lira, Jorge Coira e Feliciano Bernárdez “Xano” serán os homenaxeados do Festival de Cans