ARIES

(Noite Lasal Cocinas)
Xoves 23 | 23h30 | Praza do Concello

Aries é o proxecto musical da bilbaína afincada en Vigo Isabel Fernández Reviriego. Despois de formar parte de bandas como Electrobikinis e Charades, Aries decidiu continuar o seu camiño en solitario e cultivar o xénero da eléctronica sen deixar de facer un pop cheo de luminosidade, voces e harmonías. Aries presentará no Festival de Cans o seu cuarto disco baixo ese nome (e o oitavo da súa carreira) Juramento Mantarraya (2019), que co-editan o selo La Castanya e K Records (a prestixiosa discográfica americana de Calvin Johnson), e que supón a mostra máis recente dun talento que tamén se deixou sentir en proxectos como a banda sonora do videoxogo de PlayStation Melbits world ou en cancións e personaxes da serie Hora de aventuras.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

18 − 15 =