Verán en Ruovesi

Guión e dirección: Andrea Zapata-Girau

Vai de:Verán en Ruovesi” forma parte dun interesantísimo proxecto da autora, que consiste en facer unha longametraxe con doce pezas curtas ao longo de doce anos. Sempre cos mesmos protagonistas, con actores non profesionais membros da mesma familia. Rodado entre Finlandia e Chile e sempre coa memoria e o exilio moi presentes no discurso.

Estado: Rematada a primeira peza, e en proceso de produción da segunda.

O detalle: A primeira peza deste proxecto, titulada “Aava”, está este ano en competición na presente edición do festival.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

2 + 2 =