ALGO PARECIDO Á FELICIDADE

 

Dirección e guión: Álvaro Gago.

Producido por: Matriuska Producciones (Galicia) e Ringo Media (Cataluña).

Vai de: Ramona é unha muller de corenta anos que sobrevive con dificultades  nun contexto laboral e familiar tenso, precario e impredecible. No seu camiño crúzase con Xosé, un home de 63 anos sumido no loito polo recente falecemento da súa muller. A relación esquiva do inicio da paso á amizade e refórzaos nos seus mundos. Tal vez haxa algo novo por vivir.

Estado: proceso de escritura de guión.

O detalle: O director Álvaro Gago recolle o material rico e complexo que tivo que deixar fóra no seu anterior traballo, a multipremiada Matria, para establecelo como base da súa próxima longametraxe. Segundo as súas propias palabras director Algo parecido á felicidade comeza onde remata Matria.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

5 × 2 =