Adrián Costa & The Criers

Sábado 27 | 19h30 | Torreiro de Cans

Hai dous anos fíxonos vibrar a todos no Cans Voulevar. Agora regresa ao Torreiro. Esta formación, liderada polo cantante e guitarrista Adrián Costa, daralle unha volta ao son dos anos 60 e recrearase nunha enorme espiral de influencias: dende o son de Nova Orleans ata os primeiros The Kinks, sen esquecer as súas reminiscencias latinas. Unha banda de gran carácter vocal sen reparo a mesturar equipos de válvulas con sintetizadores poralle música “modern vintage” á tarde do día grande do Festival.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

fifteen + sixteen =