Presentación do videoclip “A Rabaleira”

Dos Diplomáticos de Monte Alto

Sábado 21 | 20h30 | Jalpón de Alicia

web_diplomaticos

Para celebrar estes 25 anos da súa “Arroutada Pangalaica”, Mangüi, Rómulo, Vías, Guni e Xurxo Souto entraron no estudo “A Ponte” da man de Tomás Axeitos e gravaron unha nova peza, que ofrecerán en primicia no Festival de Cans, acompañada tamén da estrea exclusiva do seu videoclip, dirixido por Pulpiño Viascón. A canción leva por título “A Rabaleira” e xira en torno aos versos da Teresa Ramiro, mariscadora na ría do Burgo, e aos percebeiros que traballan a carón da Torre de Hércules.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

nineteen + 7 =