A qué andas?

Unha das preguntas que máis se fai dentro do audiovisual para saber que proxectos se están pechando é: “A que andas?” Nesta sección traemos, en colaboración coa Asociación Sindical Galega de Guionistas, os guións dalgúns dos filmes que se rodarán proximamente. Un pequeno encontro no que redimensionar o valor da palabra, dos guións e da labor dos guionistas.

Coa presenza de Rubén Coca, Hugo Amoedo, Manane Rodríguez, Anxos Fazáns, Ángel Filgueira e Ángel Santos.

Venres 4 | 13.30 h. | Baixo de Carlos | Capacidade: 50 persoas (con preinscrición)