LONGAMETRAXE DE APERTURA. ESTREA MUNDIAL

A historia dun satélite

2017 | 75′ | Español

Dirección e guión: Miriam Albert- Sobrino, Sonia Albert- Sobrino (AlsoSisters)

Produción: Universidade de Utah e a colaboración especial de “Claqueta Coqueta”

Elenco: Alfonso Míguez, Bárbara Grandío, Jaime Faraldo, Mariana Fernández, Susana Sampedro, Tacho González, Kevin Stwart, Rubén Riós, Patxi Bisquert.

Xénero: Inclasificable! Comedia negra, aventuras, ciencia-ficción e ata cine bélico!!

Vai de: Rafael vive de pequeno un acontecemento que o marcará para sempre: o seupaimorre aplastado por un satélite. Vinte anos despois, Rafael traballa como enterrador, e inicia un rocambolesco periplo vital no que acaba por darse de conta que toda a súa vida estivo orbitando nunha dirección trabucada.

O detalle: O filme foi realizado co amparo da University of Utah (USA), onde residen as Also Sisters. Atención ó sound-track de fondo cos discursos de personaxes da Transición, creando unha interesante liña de tempo paralela.

Xoves 25 | 20h00 | Círculo Recreativo e Cultural (Porriño)
Coa presenza das directoras e do elenco do filme
 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

15 − 15 =