A ESTACIÓN VIOLENTA | 2017 | 73’ | galego

Dirección: Anxos Fazáns

Guión: Anxos Fazáns, Ángel Santos, Xacobe Casas, Daniel Froiz.

Produción: Daniel Froiz, Matrioska Producciones.

Montaxe: Anxos Fazáns, Iria Silvosa, Diana Toucedo.

Fotografía: Alberte Branco.

Son: Xavi Souto.

Música: Charles Rapante.

Elenco: Alberto Rolán, Nerea Barros, Xosé Barato, Laura LaMontagne, Antonio Durán ‘Morris’, Xiana Arias.

Vai de: A vida non é inofensiva. Pode ser esgotadora e frustrante. A Manuel gustaríalle ser escritor, pero en lugar diso vive atrapado na súa rutina, incapaz de afrontar as súas emocións. O verán e o inesperado reencontro cos seus mellores amigos de xuventude farán estoupar todas as súas pulsións.

Xénero: Drama.

O detalle: A estación violenta é unha adaptación libre da primeira novela de Manuel Jabois e pasou xa polo BAFICI, o Festival de Cine Europeo de Sevilla ou o D’A de Barcelona. A de Cans será a súa primeira grande proxección pública en Galicia antes da súa estrea en salas.

Xoves 24 | 20h00 | Círculo Recreativo Cultural
Coa presenza de Anxos Fazáns, Nerea Barros, Alberto Rolán, Xosé Barato e Antonio Durán ‘Morris’

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

ten + eleven =