A DIRECTORA MANANE RODRÍGUEZ RECIBIRÁ O PREMIO PEDIGREE DO XVII FESTIVAL DE CANS

Cans, O Porriño, 30 de xullo de 2020.- A asamblea da Asociación Cultural Arela, entidade organizadora do Festival de Cans, acordou conceder a distinción de Honra do certamen o Premio Pedigree, á directora Manane Rodríguez. Será a primeira vez que un festival de cine en Galicia recoñeza a longa traxectoria desta realizadora que naceu en en Uruguay e reside en Galicia desde hai varias décadas.

Na XVII edición do Festival de Cans, que será lugar do 2 ao 5 de setembro, concederanse tamén os chimpíns de prata, a distinción que o certame otorga ás persoas que destacan por promover a visilibidade do festival e pola súa colaboración co evento. Nesta edición os Chimpíns de Prata Pepe Puime irán para a actriz e profesora Mariana Fernández e para a coordinadora médica do Festival de Cans Merchi Sánchez. A relación de distincións completarase co Chimpín de Prata Divina Campos, para os arquitectos Juan Creus e Covadonga Carrasco.

Varias mulleres recibiran antes que Manane Rodríguez a máxima distinción de Cans, pero ata o momento, ningunha delas directora. Nada en Montevideo, en 1994 crea na Coruña a produtora Xamalú Filmes.  O Festival de Cans valoro especialmente o logro de Manane Rodríguez de sacar adiante catro películas de ficción, un fito inédito en Galicia para unha directora muller, e un número aínda inalcanzable para a maioría das mulleres cineastas en España.  A asemblea da Asociación Arela valora así mesmo “a traxectoria desta cineasta comprometida e valente , cunha obra caracterizada polo rescate da memoria e cun irrenunciable compromiso feminista tamén como activista da asociación CIMA de mulleres realizadoras,  premiando un cine honesto e necesario”.
Coma directora, Rodríguez asinou cintas coma  “Retrato de una mujer con hombre al fondo”, “Los pasos perdidos”, ou a galego-uruguaia “Migas de Pan” (2016), que logro representoar ao país sudamericano nos Oscar. (Podes descargar as biografías ampliadas de Manane Rodríguez e o resto das premiadas e premiados neste enlace).
.
CHIMPÍNS DE PRATA “PEPE PUIME”  E “DIVINA CAMPOS”

No que respecta ó Chimpíns de Prata, o Festival de Cans quere premiar a labor da actriz e profesora Mariana Fernández, ademais de polo seu labor de entusiasta embaixadora do certame desde as primeiras edicións, pola súa contribución ós contidos do festival en materia de igualdade. Persona moi aprezada na aldea, na pasada edición, en colaboración co Festival de Cans, Mariana Fernández comezou a desenvolver o pioneiro “Proxecto Orballo”, no que traballou con actrices e actores e con estudiantes de secundaria para ofrecer unha mirada crítica sobre os estereotipos de xénero en películas e series de televisión.

No ano no que todas as olladas se volveron sobre a saúde, a organización de Cans quere agradecer o esforzo dunha das persoas que foron clave para a consolidación do Festival: a súa coordinadora médica desde 2012, a enfermeira de Cans Merchi Sánchez. Este chimpín “Pepe Puime”,  quiere premiar o compromiso de Merchi Sánchez como voluntaria no festival, pero tamén pretende ser unha homenaxe ó compromiso de todos os profesionais sanitarios que loitaron en primeira liña contra a pandemia da Covid-19. En 2012

Este ano, ademais, a súa achega e a do equipo médico será especialmente importante. A XVII edición de Cans a de menos aforo, máis distancia social, e a da vixianza sanitaria extrema. Será así tanto polo público do Festival coma, e moi especialmente, por protexer ás persoas da aldea.

A relación de homenaxeados complétaa o equipo de arquitectos composto por Juan Creus e Covadonga Carrasco. Arela salienta que “avalados por relevantes premios como o Premio Galego de Arquitectura ou o Premio Juana de Vega, Creus e Carrasco coñeceron un día o Festival de Cans e convertéronse en dúas das personas máis relevantes á hora de analizar os espazos do festival en relación co territorio e o entorno da nosa aldea”.  Creus e Carrasco son coordinadores da idea “Cans Proxecta”, que cada ano ten feito diversas intervencións na aldea, que van dos espazos de descanso, da posta en valor do río ou á reflexión sobre a masificación dos festivais. E foron comisarios da mostra “Ducia de Cans”, que se celebrou na Universidade da Coruña na duodécima edición do festival. Este ano foron convidados á Bienal de Venecia polo seu traballo en Cans.

ENTRADAS

Será preciso entrada para as proxecións, que tamén dará acceso ó novo Espazo Estrella Galicia da Leira do Río, onde terán lugar as entregas de premios e actuacións musicais.

Só 200 entradas matinais, con dereito ó coloquio con Oliver Laxe e outras 200 de tarde, con acceso á actuación de Hendrick Rover y los Míticos GTS.  Non sairán a venda mais entradas que estas para as curtas a concurso. Se sobra algunha, despois venderían individualmente. Nesta edición non haberá ningunha actividade de acceso libre. Todas serán con entrada en recinto aforado, regulado e con correspondence distanciamiento social e normas de hixiene vixentes.

Os prezos dos packs que só estarán á venda ata o 8 de agosto, son de 20 e 25 euros. Pódense omprar na tenda online do Festival.