A CAT IN THE WINDOW (UN GATO NA VENTÁ)| 2017 | 9’ | Inglés con subtítulos en galego

Dirección, guión e montaxe: Félix Brixel.

Música: Johann Sebastian Bach.

Elenco: Marin Laufenberg.

Vai de: Marin imaxina como será o seu futuro cando envelleza. Pronto admitirá que o que a impulsa a un futuro solitario en Alaska é o medo a ocuparse dos demais. Porén, unha man sacará o seu autorretrato dun lago e porao a secar nunha mesa. A dor, e ao mesmo tempo o calmante de Marin, é esa man que nunca deixará que se vaia.

Xénero: Drama.

O detalle: O director lugués Felix Brixel rodou a curta na Memorial Union Terrace de Madison, Wisconsin, co obxectivo inicial de expresar o estado anímico dos Estados Unidos ante a situación sociopolítica.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

nineteen − 1 =