A CAIXIÑA DE MISTOS

Sábado 25 | 16h00 | Parque do Río

A Caixiña de mistos é xa un clásico do Festival de Cans. A actividade está formada por un obradoiro de iniciación de curtametraxes centrado nos máis pequenos. E, en paralelo, tamén se realiza a proxección de pezas de animación nun espazo singular: unha vella caravana vintage dos anos setenta. Nela só poderán entrar pequenos grupos de cativas e cativos para descubrir un espazo diferente no que ver cine e que suporá para moitos a súa primeira experiencia cinematográfica. As pezas xurdidas neste taller conducido por Mr. Misto proxectaranse ás 20h00 neste mesmo lugar.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

fifteen − 6 =