9 FUGAS

 

Dirección e guión: Fon Cortizo

Produción: Fon Cortizo e Alexandre Cancelo

Fotografía: Javier Álvarez

Elenco: María Roja, Olga Cameselle, Paco Barreiro, Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman

Vai de: É un proxecto de exploración fílmica que ten como punto de partida a banda sonora dunha orquestra de improvisadores pechada no laboratorio dun vello buque oceanográfico, a través da que se recrea unha historia esquecida da que só queda a erosión das ondas sonoras sobre os espazos deshabitados.

Xénero: Thriller. Distopía.

Estado: Rodaxe rematada.

O detalle: Habitual de diferentes seccións a competición do Festival de Cans, sobre todo de FuraCans (no-ficción). Director do documental Contrafaces (2016), 9 Fugas é a súa primeira longametraxe e o seu debut na ficción.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

20 − 17 =