Esta actividade está patrocinada por GIA INMOBILIARIA

O concurso de videoclips do Festival de Cans é un evento de enorme popularidade que representa o gran escaparate do último que se está a facer en Galicia. A selección desta edición do Festival reflicte a rica diversidade de grupos e de creadores, con estilos moi variados á hora de facer música ou de crear videoclips. Nesta 14ª edición do festival poderemos escoitar pop, rock, folk, hip-hop, ska ou incluso metal como ritmos protagonistas de pezas dirixidas por vellos coñecidos do Festival como e xa premiados con anterioridade como Javi Camino, Fran X. Rodríguez, Xaime Miranda ou Soledad Rebollo e unha nova xeración de realizadores como Antón Varela, Manuel Caamagno ou Sara Iglesias.

1. Ánima, “La arquitectura del hielo”. Dirixe: Miguel Ángel Fernández Barri
2. Arrhythmia, “Tan só notas”. Dirixe: Álvaro López Barreiro
3. Avecrem, “Bosnia y Herzegovina”. Dirixe: Sara Iglesias
4. Cintaadhesiva, “O deserto”. Dirixen: Jesús Tejada e Silvia Penas
5. Dakidarría, “Lume”. Dirixe: Julián Maguna
6. Escuchando elefantes, “Volveré”. Dirixen: Carlos Tajes e Sílvia Rábade
7. Ezetaerre, “Mao a mà”. Dirixe: Juan Sebastián Pirola
8. Guadi Galego, “Vida”. Dirixe: Carlos Lago “O Terser Home”
9. Igloo, “Restos de un naufragio”. Dirixe: Fran X. Rodríguez
10. Linda Guilala, “Abstinencia”. Dirixe: Javi Camino
11. Malandrómeda, “Bótalle caldo”. Dirixe: Manuel Caamagno
12. MoonCresta, “Sweet Innocence”. Dirixe: Juan Martínez
13. Oh! Ayatollah, “Mi re la”. Dirixen: Xaime Miranda e Antón Miranda
14. Selvática, “Mi cuidad”. Dirixe: Carlos Martínez-Peñalver
15. Sr. Anido& Sra. Álvarez, “It came from outer space IV”. Dirixe: Javi Álvarez
16. Van Marban, “Dutch girl”. Dirixe: Gero Costas
17. Villanueva, “Ella”. Dirixe: Soledad Rebollo
18. Woyza, “Pelea”. Dirixe: Isaura Docampo
19. Ivy Moon, “Hallucinogenic”. Dirixe: Antón Varela  
 
 Nesta lista de reproducción poderás ver os videoclips:
 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

five + eleven =