Xa se pode participar na Can Parade

A silueta do Can de Cans atópase en todas partes, é perfectamente recoñecible e está sempre preparada para que a interveñan artisticamente. Cada ano, un feixe de artistas de toda caste atrévese a darlle unha nova volta creativa á nosa icona a través da Can Parade, a cita anual do festival coa creación artística. Continúe lendo Xa se pode participar na Can Parade

O Festival de Cans crea unha sección internacional e contará coa presenza de realizadores de Brasil, Líbano, Italia e Portugal

O Festival de Cans, que se celebrará entre os próximos 23 e 26 de maio, contará nesta edición con varias presenzas internacionais a través da súa sección ExtraCans, que se redefine para ser un espazo no que se buscará a conexión de creadores e creadoras galegos con directores e directoras doutros países. Continúe lendo O Festival de Cans crea unha sección internacional e contará coa presenza de realizadores de Brasil, Líbano, Italia e Portugal

Amadriña ou apadriña un jalpón no XV Festival de Cans

O Festival de Cans traballa a contrarreloxo tratando de buscar patrocinadores privados que poidan facer achegas para tratar de completar o orzamento do evento. Dende esta mesma semana, a Asociación Arela -organizadora do festival- pon en marcha a campaña “Apadriña un jalpón” Continúe lendo Amadriña ou apadriña un jalpón no XV Festival de Cans

Un ano máis o Festival de Cans bate o seu récord de curtas inscritas

O Festival de Cans bate un ano máis o seu récord de curtas inscritas, pois recibiu na súa convocatoria para as seccións oficiais a concurso un total de 252 producións galegas, o que supón máis dun 7% de incremento con respecto á edición anterior, na que chegaran 235 traballos. Continúe lendo Un ano máis o Festival de Cans bate o seu récord de curtas inscritas